Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega á súa 10ª edición o curso de Vitae sobre Microsoft Power Bi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega á súa 10ª edición o curso de Vitae sobre Microsoft Power Bi

S. P.
Publicado: 24/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

f0000001699_power_bi_1_mapa.jpgVivimos na era dos datos, e arredor deles xira boa parte da nosa vida persoal e profesional. No caso das empresas, cobran a aínda mis relevancia. Porén, como tantos outros activos empresariais, os datos non serven de moito senón están ben xestionados, habilitados, compartidos, protexidos e empregados. Ferramentas das que podemos botar man para lograr un tratamento da información empresarial o máis eficaz e rendible posible hai moitas e variadas, pero Vitae Consultores ofrécenos unha reposta segura, cómoda e inmediata: o curso Microsoft Power BI: Modelado e Análise de Datos que chega á súa décima edición este inverno. Será os días 27 e 28 de febreiro e máis os días 1, 2, 6, 7, 8 e 9 de marzo.
O curso, de 20 horas lectivas en 8 sesións, ten o obxectivo de ilustrar aos asistentes sobre un dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendible que pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e colaboración.
Segundo explica Vitae, esta actividade formativa ten por obxectivo introducir aos asistentes no manexo da ferramenta de Business Intelligence Microsoft Power BI. “A partir de diferentes orixes de datos aprenderemos a crear auténticos cadros de mando que nos axudarán na toma de decisións”, sinala a consultora, poñendo o foco nas posibilidades complementarias do Power BI Dekstop como método de axuda para obter a información, analizala e representala graficamente. “Arrincaremos cunha introdución á Intelixencia nos Negocios e coñeceremos todo o contorno Power BI (dekstop, servizo, aplicacións móbiles) e faremos as primeiras transformacións sobre un proxecto rematado para familiarizarnos co programa, e deste xeito, ter un enfoque global que nos servirá para debuxar o camiño na formación”, sinala Vitae debullando o que sería a introdución do curso, que abordará de cheo cuestións como a integración de datos con Power Query; a creación de gráficas, tarxetas, mapas ou visualizacións, ou as metodoloxías para compartir os informes creados e crear apps de visualización.
O curso será impartido por Juan Naya, enxeñeiro industrial e profesional con máis de 10 anos de experiencia en postos de responsabilidade dentro das áreas de produción, planificación e loxística. Trátase dun experto en materia de datos e xestión. Na actualidade ofrece solucións profesionais a medida e formacións de alto valor engadido das principais ferramentas de análise da información de Microsoft, como Excel e Power BI. Entre as empresas e entidades que asesorou ou formou atópanse Inditex, o Grupo Profand, a Autoridade Portuaria de Avilés, o Grupo Pérez Rumbao, Inturasa, Galuresa, EimSkip, Altrans, Televés, CivisGlobal, Todos Gómez ou Grupo Babé Logística. Está certificado por Microsoft como Microsoft Excel Expert e Data Analyst Associate.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?