Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Oito centros educativos da nosa terra distinguidos nos Premios Innovagal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Oito centros educativos da nosa terra distinguidos nos Premios Innovagal

S. P.
Publicado: 30/01/2023
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

innovacion_educativa_190620_rosalia_13a.jpgA terceira edición dos Premios Innovagal, dirixidos a recoñecer e reivindicar boas prácticas en innovación educativa, saldouse con oito centros educativos galegos premiados. O obxectivo concreto, en palabras da Consellería de Cultura e Educación, é “poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos e promovelos como motor de desenvolvemento social”. Distinguíronse proxectos de Tomiño, Arteixo, Muxía, Carballo, Ponte Caldelas, Boiro e Folgoso do Courel. Tamén se premiou o centro docente de adultos do centro penitenciario da Lama.
Os centros galardoados na categoría A, correspondente a Infantil, Primaria, Educación especial e aos o colexios rurais agrupados son, co primeiro premio, o CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño), co segundo o colexio CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) e co terceiro premio o colexio CEIP Virxe da Barca (Muxía). O CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) recibe o accésit.
Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio é para o instituto IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas), o segundo para o CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) e o terceiro para o IES Praia Barraña (Boiro). O accésit recae no centro de educación e promoción de adultos do centro penitenciario da Lama, en Pontevedra.
CRA Mestre Manuel Garcés
A proposta do colexio rural agrupado Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, céntrase na súa transformación a través da creación dunha escola aberta á comunidade, inclusiva e participativa, “onde todos teñen cabida”. A metodoloxía focalízase no alumnado, para que a súa aprendizaxe sexa activa e dinámica, desenvolva a súa autonomía, a súa intelixencia emocional, e potencie a comunicación asertiva ao mesmo tempo que se respectan os ritmos e tempos propios da infancia.
Para acadar estes obxectivos restrutúranse os tempos e os espazos, utilizando un método propio que recolle e adapta formas de traballar das metodoloxías Montessori, de Reggio Emilia, Waldorf e outras.
CEIP Ponte dos Brozos
O colexio CEIP Ponte do Brozos (Arteixo) leva anos desenvolvendo un proxecto propio, Arteixo-Innovación, que ten como piar fundamental “a formación docente para aplicar as tecnoloxías en novos procesos de ensino-aprendizaxe de maneira reflexionada e creativa”. Partindo desta base, créase unha contorna significativa de aprendizaxe a través de proxectos que xiran en torno ás novas tecnoloxías. Deste xeito, “a través da Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada e Virtual, a gamificación e a programación promóvese a adquisición de competencias por parte do alumnado e a integración das distintas áreas do currículo na súa aprendizaxe”, salientou o xurado dos premios.
CEIP Virxe da Barca
O proxecto do colexio CEIP Virxe da Barca (Muxía) toma o centro como unha microsociedade transformadora na que todo o alumnado se ten que sentir incluído. Para conseguilo, “reformulan a forma de traballar rompendo a inercia de aplicar metodoloxías mais tradicionais para iniciarse nunha metodoloxía activa e dinámica”, destacou o xurado, engadindo que “este cambio fomenta a autonomía e pensamento diverxente do alumnado e ten unha repercusión positiva na contorna favorecendo a participación das familias e do barrio”. Entre outras iniciativas (laboratorios creativos, patios activos…), desenvolven o proxecto Cretectura de innovación educativa pedagóxica a través da creación de espazos de aprendizaxe, que mesturan as artes e a pedagoxía para dar resposta a diversidade do alumnado.
CEIP Xesús San Luís Romero
O colexio CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) considera que o traballo en equipo e a formación do profesorado é o camiño necesario para emprender un cambio no centro, entendendo que a Innovación trae consigo a igualdade de oportunidades, a inclusión, a igualdade de xénero e a superación de prexuízos. Para acadar estes obxectivos, o centro participa en numerosos programas que fomentan o traballo por proxectos a través de Plan Proxecta, o emprendemento dentro do programa Lanzadeiras-miniempresas, a educación emocional empregando distintos contratos-programa e a competencia dixital, a través de Digicraft.
IES de Ponte Caldelas
O IES de Ponte Caldelas desenvolve o proxecto Da terra á nube: o monte vivo, unha serie de accións coherentes e orientadas á defensa e promoción do espazo natural onde se sitúa o instituto, de tal xeito que o monte e o río Verdugo funcionan como fío condutor. A finalidade do proxecto é “familiarizar ao alumnado coa xestión do monte como un moi importante elemento económico da comarca, para o que colaboran con outras institucións, como as comunidades de montes ou o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán”.
A iniciativa comprende as accións Os meandros do río Verdugo, no que deseñaron e implementaron un sendeiro que percorre a área que teñen ao seu coidado e a participación en Plan Proxecta a través de Proxecto Ríos, Proxecto Terra e Paisaxe e sustentabilidade. Ademais, a acción Polo río vai e vén: Tralas pegadas do Volframio incorporou a investigación histórica ao proxecto sobre os espazos naturais a través dunha mina da zona e acadou un premio sobre innovación en dinamización lingüística.
CPI Poeta Uxío Novoneyra
No caso do CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) o centro convértese nun lugar que vai máis alá do labor docente. As circunstancias especiais da localización na montaña lucense inflúen directamente nas condicións nas que se desenvolve a experiencia educativa, de tal forma que o colexio suple necesidades no eido social e cultural. O xurado destacou “a participación das familias e a implicación de toda a poboación nas actividades propostas polo centro, así como unha vocación evidente por realizar saídas nacionais e internacionais co alumnado de educación secundaria”.
IES Praia Barraña
No certame enxalzouse o traballo innovador do IES Praia Barraña (Boiro), que “segue unha metodoloxía de aprendizaxe activa arredor dunha serie de medidas que buscan mellorar o desarraigo coa tradición e a memoria, contrarrestar os efectos da educación rápida e loitar contra a radicalización dos discursos excluíntes, os malos hábitos e o individualismo”. Destacouse que o centro colabora con outras institucións, entre elas o centro de día co que desenvolven o Proxecto Amarre no que os maiores acoden ao instituto para traballar na horta escolar xunto co alumnado. “O instituto tamén oferta unha serie de actividades extraescolares que pretenden aportar unha alternativa cultural relacionada con que este instituto sexa o único centro da contorna que ten a modalidade de Bacharelato de Artes”, engadiu o xurado.
Centro de educación de adultos da Lama
“O centro educativo da prisión da Lama, malia as súas particulares circunstancias, atopou a forma de participar en proxectos europeos, como eTwinning, a través do intercambio de correo postal con outros centros tanto en España como en Italia”, salientaron os responsables do certame, engadindo que no tocante ás novas tecnoloxías, o centro participa no Plan Proxecta a través de Fotografía en curso, achegando aos participantes o feito de volver a sentir nas súas mans unha cámara fotográfica. Ademais, organizaron unha exposición con todos os traballos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?