Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A HobbyPont de Pontevedra recupera este venres 3 o seu formato presencial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A HobbyPont de Pontevedra recupera este venres 3 o seu formato presencial

S. P.
Publicado: 30/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oubina_hobby_global_jam.jpgO concelleiro de Novas Tecnoloxías de Pontevedra, Alberto Oubiña, presentou a semana pasada a nova edición (a cuarta) do evento internacional Global Game Jam, a HobbyPont na súa versión local, cita que alcanza o seu segundo ano de celebración e que está programada para o vindeiro venres, 3 de febreiro. O Concello colabora coa organización deste evento, que regresa logo da súa primeira edición en 2022. O escenario será o Centro Leste, no barrio da Parda.
A jam pontevedresa é un convite para que as persoas desenvolvedoras dean forma a un videoxogo en 48 horas. O venres comezará o reto os participantes terán ata o domingo, ata ás 17 horas deste día, para presentar os traballos. “É un evento que se desenvolve en máis de 700 localizacións en todo o mundo de xeito paralelo. Animamos a todo o mundo que participe na de Pontevedra”, sinalou o concelleiro, engadindo que no ano 2020 participaron preto de 48.000 persoas, estando previsto dar acubillo a medio cento de asistentes na versión pontevedresa. Poderán participar programadores e deseñadoras, guionistas, músicos ou debuxantes… “Calquera persoa que o desexe e teña curiosidade pode participar, realmente. Só ten que estar no Centro Leste, ás 17 horas, e iniciarse no proceso”, sinalou o concelleiro.
O Centro Leste permanecerá aberto todo o tempo que dure a actividade, de xeito ininterrompido durante 48 horas. Tal é como indica o edil de Novas Tecnoloxías, mesmo está permitido “botar unha cabezada nun saco de durmir nunha sala que estará habilitada no lugar ou acudir ata a súa casa para coller folgos nesta sesión maratoniana”.
Haberá dúas alturas ou modelos á hora de participar: entre 12 e 17 anos (só en liña) e de 18 (ou menores acompañados) cara arriba. As inscricións poden facerse na web da Global Game Jam.
A de Pontevedra é a única cita galega do devandito evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?