Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: APD e R mostran este mércores na Coruña como facer medrar con IA o noso negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

APD e R mostran este mércores na Coruña como facer medrar con IA o noso negocio

S. P.
Publicado: 31/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apd_negocio_ia.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración coa operadora de orixe galega R, pon en marcha un encontro APD Talks con expertos para falar sobre Intelixencia Artificial nas empresas. A cita, este mércores 1 de febreiro, desenvolverase na sede Light & Studio, coincidindo na Coruña cos últimos días da mostra AI : More than Human, que os asistentes poderán visitar con guía ao final da xornada.
Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio? é o título da xornada de charlas e coloquios, enmarcada nos encontros APD Talks da Asociación para o Progreso da Dirección, que se desenvolverá este mércores na Coruña, en horario de 16:00 a 18:10 h, no espazo de Light & Studio na Coruña (praza de María Pita, 13, baixo esquerda).
A idea é “profundar nas posibilidades que para a empresa de hoxe atesoura un tipo de intelixencia que marca e marcará unha nova era nun mundo cada vez máis dixitalizado: a Intelixencia Artificial”, explican APD e R, engadindo que o obxectivo concreto é “ofrecer aos altos responsables de empresa e profesionais de primeira liña claves aclaratorias de ata que punto as ferramentas de IA son importantes para que as empresas desenvolvan o seu potencial e poidan medrar e competir optimizando recursos”.
Falarase tamén dos riscos e a fiabilidade da IA aplicada a procesos da organización e reforzarase o contido da xornada con casos reais de uso destas ferramentas disruptivas en diversas áreas de negocio.
Tras a apertura e introdución do evento por parte de Ana Sánchez, directora de APD Noroeste e de Alfredo Ramos, director de R, o responsable comercial de Analítica e IA da operadora galega e da súa unidade operativa (BAI Analytics), Adrián Bertol, manterá con David Sánchez, responsable de Produto e Desenvolvemento de Negocio da consultora tecnolóxica Baobab, un coloquio titulado Como a Intelixencia Artificial entende a linguaxe humana e pode axudar ao negocio. En palabras de Bertol “as empresas que usan os seus datos e analízanos teñen unha vantaxe competitiva moi importante. A IA non é algo do futuro, senón de hoxe”.
A tarde proseguirá coa mesa redonda A IA nos negocios, onde tomarán parte tamén Roberto Baratta, director de Prevención de Perda, Continuidade de Negocio e Seguridade de Abanca, e a responsable de Tecnoloxías da Información (CIO) da firma de conxelados e alimentación CONGALSA, Noemí Gil. Na mesa pasarase das ideas á realidade para falar da IA na empresa con referencias de casos concretos de aplicacións das novas ferramentas contados polos seus protagonistas.
A xornada finalizará coas preguntas do auditorio, que poderá interactuar cos/as relatores e resolver as súas dúbidas e inquietudes ao redor das aplicacións da IA na empresa.
Axenda
16.00 h Recepción de asistentes
16.30 h Apertura
16.35 h Coloquio. Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio
17.15 h Mesa redonda. A IA nos negocios.
18.00 h Coloquio
18.10 h Fin do encontro
18.30 h Visita guiada á exposición IA More Than Human
A xornada contará coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), cuxos/as integrantes poderán participar de balde na actividade. As persoas interesadas deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal solicitando o código de convite para poder facer a inscrición gratuíta á xornada na ligazón específica habilitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?