Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno dotará de banda larga 1.301 vivendas e empresas de Taboada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno dotará de banda larga 1.301 vivendas e empresas de Taboada

S. P.
Publicado: 31/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

taboada_isabel_rodriguez_2-2.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, estivo este martes 31 de xaneiro en Taboada, acompañada do rexedor Ramiro Moure, co obxectivo de comprobar o resultado do proxecto de mellora e modernización do alumeado público exterior en 5 parroquias do municipio, que contou cunha axuda de 92.000€ do Programa DUS5000, xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Aproveitou para reafirmar o impulso do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno nos municipios pequenos da provincia de Lugo. “Os fondos europeos están a chegar a todos os puntos do territorio, permitindo a municipios como Taboada desenvolver actuacións sustentables en materia de enerxía e dixitalización”, sinalou.
E engadiu: “Grazas á axuda do Goberno os veciños e veciñas destes núcleos rurais do concello de Taboada contan cun alumeado LED, máis sustentable, respectuoso co medio ambiente e que supón un aforro económico para as arcas municipais”, explicou a subdelegada que destacou que este tipo de proxectos “avanzan no proceso de transición enerxética e na transformación das vilas de xeito responsable”.
Ademais, explicou que o obxectivo do DUS5000 do Goberno é dar un impulso ao desenvolvemento urbano respectuoso co medio natural mediante proxectos singulares de enerxía limpa, por exemplo proxectos de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas, de fomento dos investimentos verdes e, en particular, do autoconsumo, así como de mobilidade sustentable.
Xunto coa transición enerxética, a subdelegada avanzou a presenza de Taboada na última convocatoria de dixitalización do territorio que leva a cabo o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través do Programa Único – Banda Larga. “Con fondos do Plan de Recuperación, Taboada contará con conexión a Internet de alta velocidade en practicamente todo o territorio”, confirmou Isabel Rodríguez engadindo que o concello lucense está incluído nos proxectos estatais de dotación de internet superior a 300 Mbps a zonas do municipio sen cobertura. En concreto, o Programa Único permitirá a conexión de alta velocidade de 411 puntos nos que se localizan 1.301 vivendas e empresas de Taboada. “É un antes e un despois para os veciños e veciñas que viven na localidade, así como para as empresas da zona” subliñou a subdelegada que puxo en valor este programa “co que imos chegar a todos os recunchos da provincia porque o consideramos un servizo fundamental para loitar contra o despoboamento e asentar nova poboación nos municipios lucenses”.
Entre as dúas convocatorias do Plan Único, o Goberno inviste na provincia de Lugo 22,5 millóns de euros para levar a tecnoloxía de conexión de alta velocidade a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?