Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores Adriana Anido e Manuel Silva, protagonistas do primeiro Almorzo TIC Talk do ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores Adriana Anido e Manuel Silva, protagonistas do primeiro Almorzo TIC Talk do ano

S. P.
Publicado: 31/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

almorzos_tic_talk_citic_adriana-anido.jpgO CITIC da UDC acolleu este martes 31 a primeira sesión do ano dos Almorzos TIC Talk, na que os investigadores Adriana Anido Alonso e Manuel Silva Díaz expuxeron as súas liñas actuais de traballo no Centro de Investigación TIC.
En primeiro lugar, Adriana Anido, coa súa charla Deep learning generalization strategies in sleep medicine, falou da súa investigación centrada no desenvolvemento de modelos de aprendizaxe automática aplicando técnicas de Intelixencia Artificial para facer máis eficiente o diagnóstico das desordes do sono. Coa técnica desenvolvida facilítase ao equipo médico unha información interpretada, o que reduce o tempo de valoración e aumenta a fiabilidade do diagnóstico.
almorzos_tic_talk_citic_manuel-silva.jpgPola súa banda, Manuel Silva presentou o relatorio Neural Radiance Fields: Introdución e principais aplicacións. A súa liña de investigación céntrase en NERF (Neural Radiance Fields), rede neuronal que pode xerar novas vistas de escenas 3D baseándose nun conxunto parcial de imaxes 2D. Esta tecnoloxía, informou o investigador, ten múltiples vantaxes, como por exemplo o almacenamento máis eficiente de información 3D, a obtención de resultados moi realistas e a captura de información 3D de maneira moi rápida.
A sesión estivo moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao.
Os Almorzos TIC Talk reúnen mensualmente a persoal investigador do CITIC que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira investigadora coa finalidade de promover a investigación colaborativa nun ambiente distendido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?