Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa galega Unayta realiza a organización e descrición de 66 concellos de Castela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A empresa galega Unayta realiza a organización e descrición de 66 concellos de Castela

S. P.
Publicado: 01/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

unayta_documentacion_valladolid.jpgA compañía Unayta, con sede en Ames, foi elixida pola Deputación de Valladolid para levar a cabo un proceso de catalogación, organización e descrición dun total de 66 concellos da provincia, conseguindo mellorar así a súa eficiencia nas consultas. O traballo consistirá na execución, ao longo de varios meses, de exhaustivos procesos de recollida documental nas diversas dependencias e arquivos destes municipios, seguido dun proceso de limpeza, identificación e clasificación destes.
Fontes de Unayta lembran que non se trata dun desafío novo para o equipo profesional da empresa, que ten unha ampla experiencia en procesos semellantes en Galicia, traballos que lle serviron (como tamén lle servirá o proxecto de Valladolid) para mostrar as enormes vantaxes que ten o dispoñer dun arquivo municipal correctamente organizado (permitindo ás administracións locais, unha vez finalizado cadanseus proxectos, acceder á información que necesiten de forma áxil e sinxela, reducindo enormemente os tempos de procura).
Estes procesos, engade Unayta, posibilitan tamén sentar as bases necesarias para que estes concellos estean preparados para dar o seguinte paso na súa transición cara a un modelo de comunicación e interacción libre de papeis, abrindo a porta para implementar solucións dixitais máis complexas como un xestor documental, que permita acceder a todos os documentos directamente desde a nube, ou un arquivo dixital, que poña en valor todo o patrimonio cultural-histórico do concello nunha plataforma online á que poida acceder todo o mundo.
Con máis de dez anos de vida, Unayta é unha empresa de consultoría especializada en proxectos de transformación dixital e oficina sen papel. O seu persoal está integrado por un equipo de profesionais novos de alto nivel, expertos en eidos de actuación como a análise de datos, a consultoría ou a mercadotecnia dixital. A compañía conta entre os seus clientes con grandes empresas nacionais de sectores como a loxística ou o sector alimentario, aos que axudou nos seus respectivos procesos de transformación dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?