Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Corunet, Optare e Torus Software, entre as empresas excelentes con Indicador Ardán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Corunet, Optare e Torus Software, entre as empresas excelentes con Indicador Ardán

S. P.
Publicado: 02/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

zona_franca_vigo_informe_ardan_empresas.jpgA Zona Franca de Vigo recoñeceu este xoves 2 de febreiro a traxectoria de tres empresas galegas das novas tecnoloxías: Corunet (firma de software avanzado para sectores como o retail e a banca, entre outros moitos), Optare Solutions (consultora provedora de operadoras de telecomunicacións) e Torus Software Solutions (enxeñaría informática centrada no Big Data e DevOps). Estas tres firmas forman parte da listaxe de doce empresas excelentes distinguidas nos Premios Ardán concedidos pola Zona Franca de Vigo. Os galardóns foron entregados no Auditorio Mar de Vigo ao que asistiron preto de catrocentos convidados, representantes do mundo empresarial, económico, social e político de Galicia.
Doce empresas excelentes
zona_franca_informe_ardan_presentacion_xuntanza.jpgDoce foron as empresas que recolleron o galardón ao obter o maior número de indicadores, unha delas alcanzou por primeira vez 7 indicadores. Tamén se entregou un recoñecemento ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola súa contribución á economía da cidade con políticas que “permitiron que Vigo sexa unha referencia en diferentes ámbitos e manteña un vigoroso crecemento”. O delegado do Estado, David Regades, deu a benvida e a conferencia central estivo a cargo de Isabel Aguilera, directiva de multinacionais como Google, GE ou Dell Computer, co título Luces do futuro.
O delegado do Estado asegurou que “as empresas con Indicadores Ardán son compañías que destacan por ser capaces de xerar vantaxes competitivas que as fan únicas”. E engadiu: “Teñen un importante impacto na competitividade global da nosa contorna e son capaces de crear riqueza e emprego”.
Das 35.651 empresas analizadas, soamente o 3,93% conseguiu 1 ou máis indicadores Ardán, en total son 1.401 compañías. Neste sentido, David Regades subliñou algúns datos destas compañías, como que representan o 4% do tecido empresarial de Galicia e crean o 25% da riqueza, dese 25% o 3% corresponde ás 12 empresas premiadas hoxe.
zona_franca_informe_ardan.jpgAdemais, as empresas con indicadores Ardán son as responsables de 1 de cada 4 empregos creados polo armazón produtivo galego, mostran unha produtividade do emprego que duplica á media galega e a rendibilidade económica media das empresas cos ditos indicadores é 12 puntos porcentuais superior á media das compañías galegas.
Estas son as doce empresas que recibiron a figura dos Premios Ardán deseñada por José Molares:
1.- Compañia Española de Algas Mariñas (CEAMSA).: 7 indicadores. Xeradora de riqueza, alta produtividade, ben xestionada, empresa global, empresa igual en xénero, empresa circular e xestión de talento.
2.- HERMASA Canning Technology: 6 indicadores. Xeradora de riqueza, empresa global, empresa innovadora, empresa igual en xénero, empresa circular e xestión de talento.
3.- Corunet. 6 indicadores. Gacela, alto rendemento, ben xestionada, empresa global, empresa innovadora e xestión de talento.
4.- ACTEGA Artistica. 5 indicadores. Xeradora de riqueza, alta produtividade, ben xestionada, empresa global e empresa circular.
5.- VEGONSA Agrupacion Alimentaria. 5 indicadores. Gacela, alto rendemento, xeradora de riqueza, alta produtividade e ben xestionada.
6.- Instituto de Estudos Celulares e Moleculares. 4 indicadores. Gacela, alto rendemento, xeradora de riqueza e alta produtividade.
7.- Peteiro Motor. 4 indicadores. Alto rendemento, xeradora de riqueza, alta produtividade e ben xestionada.
8.- Rolux Serigrafia e Rotulacion. 4 indicadores. Gacela, alto rendemento, alta produtividade e ben xestionada.
9.- Comunidade Campus. 4 indicadores. Gacela, alto rendemento, xeradora de riqueza e alta produtividade.
10.- Optare Solutions. 4 indicadores. Empresa global, empresa innovadora, empresa circular e xestión de talento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?