Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carballo e a Cruz Vermella volven xuntar forzas para dixitalizar ás persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carballo e a Cruz Vermella volven xuntar forzas para dixitalizar ás persoas maiores

S. P.
Publicado: 03/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

carballo_19012023_curso_mobil_arrabaldes__2_.jpgA Concellaría de Terceira Idade de Carballo vai organizar máis actividades formativas para reducir a fenda dixital no concello, a que separa á xente que vive plenamente nas novas tecnoloxías da que non conta cos recursos de capacitación e alfabetización dixital para tirarlles partido, xeralmente persoas maiores. Así, por terceiro ano consecutivo puxo en marcha cursos para que este colectivo poida mellorar o manexo do teléfono móbil.
De novo contarase para o desenvolvemento destas actividades co apoio da Cruz Vermella, “para achegar ás persoas participantes os coñecementos básicos sobre o funcionamento dos dispositivos e as aplicacións que lles poden resultar de máis utilidade no seu día a día, como enviar unha fotografía a un familiar ou pedir unha cita para o médico sen necesidade de chamar ou achegarse ata o centro de saúde”.
O primeiro curso do ano celebrouse no Centro Social Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa, coa participación de 15 persoas. Os/as participantes recibiron a visita do alcalde, Evencio Ferrero, e da concelleira de Terceira Idade, Mar Eirís, que se interesaron polos avances conseguidos. Tamén se celebrou no Centro Social de Aldemunde, os días 24, 25 e 31 de xaneiro.
Estes son os que están pendentes:
Rus (centro social): 1, 7 e 8 de febreiro
Vilela (centro social): 14,15 e 22 de febreiro
Carballo (lugar por definir): 23 e 28 de febreiro e 2 de marzo
As persoas que queiran participar poden anotarse:
A través das asociacións da súa parroquia e/ou dos consellos parroquiais.
Na Biblioteca Rego da Balsa.
Enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?