Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Newtonlab Space, con sede na Coruña, presenta o primeiro escaparate holográfico do mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Newtonlab Space, con sede na Coruña, presenta o primeiro escaparate holográfico do mundo

S. P.
Publicado: 03/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escaparate_holografico_63d984809ee18.jpgNewtonlab Space, laboratorio holográfico con sedes na Coruña e Barcelona, e participada pola galega Nunegal, presentou en primicia (a nivel mundial) un escaparate holográfico de 4,5 metros de longo e 2,5 metros de alto, na feira ISE 2023. Trátase da instalación Show Window Max, pioneira no seu ámbito.
A empresa galego-catalá, especializada en holografía, telepresencia en 3D e tecnoloxía de Realidade Aumentada, empregou para o dito desenvolvemento a súa ampla bagaxe en técnicas holográficas e na creación dos seus propios produtos para sectores como o sanitario, o corporativo, o comercio retallista, a publicidade, os eventos ae automoción, entre outros.
Show Window Max é un dispositivo de gran formato que mostra hologramas de persoas e produtos reais a tamaño natural e en tempo real.
O dispositivo presentado en ISE por Newtonlab Space está pensado especificamente para ofrecer unha alternativa aos escaparates convencionais. No sector retallista, o escaparate virtual permite presentar coa máxima resolución e calidade novas coleccións e produtos a través de hologramas de modelos reais en 3D en movemento que, por exemplo, actúan como figuras humanas en 3D que se intercambian diferentes aspectos e feituras. Ademais de substituír os manequíns estáticos dos escaparates tradicionais, o dispositivo pode mostrar pases de moda virtuais en tempo real.
Segundo explica o Clúster TIC Galicia nunha ampla reportaxe sobre estas novidades, o Show Window Max presenta “infinitas propostas noutros ámbitos”. Por exemplo, no sector da automoción, o escaparate virtual de Newtonlab Space permite visualizar o coche que o cliente quere comprar a tamaño real coas características demandadas. Isto amplía a gama de modelos de coche dispoñibles nos concesionarios, soluciona a súa limitación de espazo e tranquiliza ao cliente ofrecendo unha experiencia inmersiva co modelo exacto que comprará. Show Window Max tamén ofrece unha solución alternativa para os zoolóxicos: propón un zoo holográfico para coñecer o mundo animal de forma virtual pero cun realismo extremo. No ámbito cultural, o dispositivo fai posible asistir a un museo e observar unha obra de arte a través do seu holograma.
O dispositivo conta con 4 pantallas LCD transparentes de 86 polgadas e resolución 4K para transmitir o máximo realismo, unidas verticalmente con iluminación LED interior. O escaparate virtual é modulable, é dicir, pódese adaptar o seu tamaño segundo as necesidades e ampliar ou reducir o número de pantallas (desde 3 módulos ata 8).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?