Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carolina Iglesias, co-presentadora do podcast Estirando el Chicle, estará o día 7 na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carolina Iglesias, co-presentadora do podcast Estirando el Chicle, estará o día 7 na UDC

S. P.
Publicado: 03/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iglesias_udc_carolina.jpgO Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña organiza o vindeiro martes, 7 de febreiro, un encontro con Carolina Iglesias, cómica e co-presentadora do exitoso podcast Estirando el Chicle. O acto, de acceso libre, será no Paraninfo da Reitoría ás 17:30 horas. Comezará cunha presentación institucional a cargo da vicerreitora da Igualdade, Cultura e Deporte, Cristina López Villar; a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, Yoya Neira Fernández; e a directora do CEXEF, Teresa Piñeiro Otero.
Logo do acto de presentación comezará o relatorio. Carolina Iglesas falará de diversos temas relacionados co feminismo dende a súa traxectoria como cómica, podcaster e creadora de contido. Este conversatorio, aberto á participación do público, terá unha hora de duración aproximada.
A cita forma parte das actividades realizadas ao abeiro do convenio do CEXEF da UDC do Concello da Coruña titulado Investigación sobre as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados polas características especiais de vulnerabilidade e precariedade, con especial atención á incidencia da violencia contra as mulleres.
No marco deste convenio realizáronse diversas actividades de formación e sensibilización arredor das diversas desigualdades e violencias de xénero e do fornecemento de ferramentas para a súa reversión. Entre estas actividades desenvolvéronse diversos obradoiros destinados ao alumnado de secundaria e formación profesional de diversos centros educativos da cidade no eido da actividade física e o deporte, o podcasting, as violencias dixitais, e a menstruación ecosaudable. Organizáronse tamén dous obradoiros abertos á cidadanía de podcast feminista. Como complemento o CEXEF realizou DIXITVall un pequeno proxecto de sensibilización-formación contra as violencias machistas dixitais que deu lugar a contidos multimedia dirixidos á mocidade, ademais dun curso virtual e unha micro acción formativa a través de mensaxería instantánea.
Carolina Iglesias
Defínese como cómica, presentadora e creadora de contidos. Actualmente co-presenta Estirando el Chicle un dos podcast de meirande éxito a nivel español, co que encheron o Wizink Center batendo récords en espectáculos de comedia en vivo. Á súa vez ten o seu propio podcast CAROLATE para Spotify e co-presenta o recentemente estreado programa Días de tele presentado por Julia Otero en RTVE. Tamén se a pode ver co-presentando LOL Si te ríes pierdes xunto con Silvia Abril en Prime Video. Ademais do formato orixinal Parecidos cuestionables tamén para Prime Video. Compaxina o seu traballo en medios audiovisuais coa creación de contidos en YouTube e Instagram onde conta con máis de 500.000 seguidores entre ambas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?