Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Rianxo e Avoar impulsan un mapa dixital das agresións machistas acontecidas na vila
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Rianxo e Avoar impulsan un mapa dixital das agresións machistas acontecidas na vila

S. P.
Publicado: 08/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rianxo_pingas_de_luz_estendido.jpgO Concello de Rianxo enfiou o comezo de ano dando continuidade ao proxecto Pingas de Luz!, unha iniciativa que ten o obxectivo de visibilizar e denunciar as violencias machistas na contorna con vistas a “fomentar a consciencia sobre estas” e “promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela”. Desta vez Pingas de Luz vén con en formato obradoiro, dando presenza nas rúas ás historias de agresións recollidas no mapa dixital da vila, que podemos ver na Rede en proceso de re-actualización. Trátase dun proxecto do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Avoar.
Seguindo este fío, Concello e asociación veñen de lanzar un convite á cidadanía para acudir ao próximo obradoiro participativo de Pingas de Luz, no que se compartirán ideas sobre como levar á rúa este proxecto, deseñando unhas esculturas efémeras para os espazos urbanos da vila, así como para tomar decisións e accións sobre como visibilizar e sensibilizar sobre este tipo de violencias nas contornas públicas “que compartimos”, sinalaron as dúas entidades, engadindo que no obradoiro contarase coa presenza de Pedras de Papel (Artesanía e Patrimonio) para traballar nas ideas que xurdan a través da técnica de tapesculture.
O obradoiro será este sábado 11 de febreiro as 11:30 na Biblioteca Pública Municipal Castelao. As inscricións poden facerse a través do correo avoar@inventati.org.
O proxecto continuará ao longo de marzo, no que se instalarán as esculturas efémeras deseñadas así como pequenas pezas cerámicas sinalando diferentes lugares onde aconteceron as agresións. Tamén se levarán a cabo obradoiros formativos en diferentes puntos do concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?