Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta reivindica este sábado en Lugo as contribucións científicas das mulleres galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta reivindica este sábado en Lugo as contribucións científicas das mulleres galegas

S. P.
Publicado: 09/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnoloxia_ciencia_moza_muller.jpgO Auditorio AFundación de Lugo acollerá este 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha actividade de divulgación e conmemoración para reivindicar as contribucións femininas ao ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Trátase do acto Mulleres, supernovas da Ciencia, convocado polo Goberno galego. Contarase coa presenza da astrofísica e enxeñeira viguesa da NASA, Begoña Vila. Tamén estará presente a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
A través desta xornada, aberta ao público (11.30 horas) ata completar aforo, o Goberno galego quere “contribuír ao impulso das vocacións científicas entre as mozas galegas e avanzar na efectiva igualdade de oportunidades entre mulleres e homes neste ámbito”.

A investigadora da NASA Begoña Vila será unha das convidadas á xornada
A investigadora da NASA Begoña Vila será unha das convidadas á xornada
Como dixemos, o encontro contará como convidada coa astrofísica e enxeñeira viguesa do Telescopio Espacial James Webb da NASA Begoña Vila, que pronunciará un relatorio co título De onde vimos?, a resposta nas estrelas. Vila traballa como enxeñeira de sistemas do Fine Guidance Sensor (FGS) -sensor que leva o Telescopio James Webb-, no centro de voo espacial Goddard (GSFC) da NASA. En 2016 foi premiada por esta axencia coa medalla Exceptional Public Achievement Medal, distinción que se concede ás persoas alleas a esta organización, pero que contribúen de xeito relevante á súa misión espacial.
Durante a xornada están previstas tamén as intervencións de Cintia Folgueira Cobos, investigadora postdoctoral no Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC); Natalia Barreiro Piñeiro, investigadora postdoctoral no Centro Singular de Investigación en Química, Bioloxía e Materiais Moleculares (CiQUS), da Universidade de Santiago de Compostela; e María de la Fuente Freire, directora da unidade de Nano-Oncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e CEO da sfirma biotecnolóxica Diversa.
Tras os relatorios, as persoas asistentes ao evento poderán tomar parte no mesmo a través de coloquios. Está prevista ademais a presenza de estudantes con intereses científicos, entre elas, dúas alumnas de institutos e colexios de Lugo que foron finalistas na Olimpíada Matemática Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?