Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística convoca 35 cursos preparatorios do CELGA, 26 deles en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística convoca 35 cursos preparatorios do CELGA, 26 deles en liña

S. P.
Publicado: 10/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

portal_da_lingua_plataforma_teleformacion_politica_linguistica.jpgO plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) segue dar pasos adiante na súa estratexia de mesturar o formato presencial e en liña para chegar “a calquera lugar” e, polo tanto, a calquera persoa interesada en formarse no galego e acreditar a súa formación. Así se recolle na resolución da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que publican o Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Portal da Lingua Galega pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.
En total, a Goberno galego convoca 35 cursos titorizados (9 presenciais e 26 en liña) preparatorios das probas para a obtención dos certificados en lingua galega CELGA 2, 3 e 4, o que supón, en palabras da Secretaría Xeral de Política Lingüística, “máis de 1000 prazas totais”.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de inscrición, tanto de cursos presenciais como en liña, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 13 de febreiro e o 3 de marzo. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
No caso de que algún dos cursos teña máis solicitantes ca prazas, a asignación destas será por sorteo e nunca por orde de entrada de solicitudes. O dito sorteo realizarase en acto público o día 10 de marzo, ás 12 h, no salón de actos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela. O resultado será publicado no Portal da Lingua Galega.
Cada curso terá unha duración de 70 horas e as datas de realización destes van do 20 de marzo ao 11 de maio. Os presenciais terán lugar en distintos centros de ensino das sete cidades galegas mentres que os impartidos en liña se realizarán a través da plataforma de teleformación de Política Lingüística.
Os cursos teñen carácter gratuíto e non xeran por si mesmos dereito a ningún tipo de certificación, pois están destinados á preparación das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga.
A maiores deste cursos titorizados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén ofrece a través da súa plataforma de teleformación cursos CELGA de autoaprendizaxe nos seus catro niveis, aos que a cidadanía pode acceder libremente en calquera momento, pois non están suxeitos a límites de prazas nin a datas de impartición. Estes cursos inclúen exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita, con actividades nas que o propio alumnado pode comprobar os seus progresos e consultar as respostas. Grazas a estes cursos de autoaprendizaxe, cuxa oferta se iniciou en 2021 co CELGA 1, continuou en 2022 co CELGA 2 e CELGA 4 e se completou no presente ano co CELGA 3, formáronse ata o de agora máis de 7000 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?