Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas Muller e Ciencia da Pobra abordaron diferentes eidos de transformación social, empresarial e ambiental
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas Muller e Ciencia da Pobra abordaron diferentes eidos de transformación social, empresarial e ambiental

S. P.
Publicado: 13/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230211-a-pobra-viii-xornadas-muller-e-ciencia.-apertura.jpgA oitava edición das Xornadas Muller e Ciencia levou á Pobra do Caramiñal tres temas de actualidade no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora cada 11 de febreiro. A dita iniciativa naceu anos para pór en valor o traballo das mulleres no ámbito científico e da investigación.“Sabemos da invisibilidade da muller ao longo da historia e queremos poñer enriba da mesa o seu papel no ámbito científico”, indicou a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), antes de proceder cos coloquios a cargo de expertas do ámbito da medicina, as matemáticas, a transformación dixital e a enxeñaría agrónoma.
viii-xornadas-muller-e-ciencia.-publico-1.jpg Lola Ferreiro, feminista e doutora en Medicina, iniciou os simposios con A saúde das mulleres, maltratada polas violencias de xénero institucionais, no que analizou as violencias exercidas polas institucións por acción ou omisión. Ofreceu así unha panorámica sobre como a saúde das mulleres está influenciada por factores estruturais, culturais, sociais e individuais; todos eles atravesados polo xénero. A relatora conta cunha ampla experiencia no eido da investigación sobre a saúde mental dende unha perspectiva de xénero e participante en numerosas palestras sobre saúde, violencia de xénero e memoria feminina.
Sobre como botar man dos números para reducir a contaminación ou apostar polas enerxías renovables ocupouse Rocío Vega en Unhas ecuacións que nos baixan os fumes. A matemática de formación, investigadora e actual responsable da área de Dixitalización en Reganosa, deu a coñecer entre o público ferramentas que axudan a mellorar a eficiencia enerxética e avanzar cara á descarbonización.
E, por último, tocou falar de autosuficiencia e resiliencia en Crises e espolios, con Begoña de Bernardo, quen é enxeñeira agrónoma, activista, divulgadora, presidenta da asociación Véspera de Nada e membro da Rede para o Decrecemento. Segundo apuntou, o esgotamento dos combustibles fósiles e o cambio climático son as dúas caras dunha mesma moeda. Avoga, polo tanto, a mirar a crise dende un punto de vista ecofeminista pois o noso planeta é finito, con recursos limitados, e cun ritmo de vida con tendencia ao crecemento exponencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?