Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma Descúbreas lanza a súa terceira edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma Descúbreas lanza a súa terceira edición

S. P.
Publicado: 13/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputaicon_pontevedra_descubreas_2023.jpgA Deputación de Pontevedra, en colaboración con Regalamúsica, preparou unha nova edición do programa Descúbreas, a plataforma tecnolóxica para fomentar o talento feminino ma industria musical. O tiro de saída da nova convocatoria será este próximo mércores ás 20.00 horas, cando a Deputación celebre na sede de Vigo da institución provincial “un grande evento de apertura en formato gala-concerto”. A gala estará conducida por dúas das rapazas mentorizadas nas anteriores edicións: Xía Rodríguez e Alba Nogueira (A Riso), ambas as dúas tamén estudantes da ESAD de Vigo, que na cita terán ocasión de presentar as súas recentes creacións musicais.
Actuarán, ademais, cunha das grandes novidades deste ano: unha banda de apoio formada por músicas profesionais que acompañarán as mentorizadas nas súas actuacións. O mércores contarán co apoio de Ana Lucía, baixista de Agoraphobia; a guitarrista Laura Solla, a pianista Lidia Aldao e a batería Marina Acuña.
Ademais, no transcurso da gala proxectaranse vídeos nos que se presentarán a evolución e fitos acadados nas dúas anteriores edicións do programa, as novidades deste ano, o lanzamento da 3ª convocatoria de mentorías, as actividades que se celebrarán ao longo deste ano, a banda de apoio e unha xornada de networking con profesionais do sector.
Novidades
Alén da banda de apoio, Descúbreas “vén cargada de máis novidades nesta 3ª edición”, informou a institución provincial, engadindo que a axenda inclúe un Universo laboral, xornada de networking con empresas, profesionais e artistas do sector, e tamén promocionarase en feiras e foros a nivel estatal e internacional, crearanse vídeos-resumo en inglés para ampliar a sua proxección mundial e tamén incluirase un novo contido específico no seu boletín en liña semanas e nas redes sociais: Domingo con elas. Trátase dunha nova sección que cada domingo ofrecerá información sobre un contido musical ou transversal de artes e disciplinas como a escrita, o cine ou a fotografía, para dar a coñecer documentais, libros ou exposicións relacionadas con mulleres da industria musical.
O programa de mentoría é un dos eixos centrais de Descúbreas. Este ano serán de novo outras 8 nenas e mozas da provincia quen poderán iniciar os seus pasos profesionais na música, da man de mulleres referentes do sector en Galicia. As bases publicaranse esta semana no BOPPO e poderán solicitalas mulleres de entre 16 e 35 anos, ampliando a idade máxima de participación, que o ano pasado se establecía en 30 anos. Durante as sesións recibirán formación musical transversal, obradoiros e charlas impartidas por profesionais, e gravarán cadanseu tema e vídeo-clip que tamén serán lanzados nas principais plataformas de streaming e venda en liña.
Nesta edición de Descúbreas tamén se seguirán gravando vídeo-entrevistas a artistas sobre a situación das mulleres na música, vídeo-titoriais, distribuirase a newsletter semanal, ampliarase o directorio de mulleres profesionais, realizarase un novo vídeo colaborativo coas escolas de música da provincia (coas que se seguirán tecendo redes activas para construír un grupo activo inmerso na cultura feminista), prestarase o servizo de consultoría en liña para dar resposta ás inquedanzas das estudantes de música e, ademais, redeseñaranse e actualizaranse todos os contidos da plataforma web, na que tamén se difunden as principais novas e eventos de música en feminino.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?