Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta creará un consello para coordinar actuacións aeroespaciais público-privadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta creará un consello para coordinar actuacións aeroespaciais público-privadas

S. P.
Publicado: 13/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230213condexornadaaeroespacial1.jpgO conselleiro de Economía Francisco Conde, participou na inauguración da xornada monográfica do Polo Aeroespacial de Galicia organizada xunto co Consorcio Aeronáutico Galego no Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) de Rozas. Na súa intervención, Conde apuntou que “o sector privado galego debe liderar os vehículos e sistemas non tripulados en España e fóra dela, tirando proveito do apoio da Administración autonómica para transformalo en contratos, en investimentos en innovación e industriais e en emprego”. Adiantou que o Goberno galego creará un consello empresarial para coordinar actuacións pola vía da colaboración público-privada.
Este consello, que contará con empresas galegas, reunirase de xeito peridico e revisará os avances, axudando á toma de decisións.
Conde salientou a súa confianza en que o tecido empresarial, xunto cos centros tecnolóxicos e de investigación, “será capaz, a través do Polo Aeroespacial de Galicia, de incrementar a súa participación en convocatorias de I+D nacionais e internacionais, en programas aeroespaciais e na venda da súa tecnoloxía noutros mercados, apuntando que a Administración autonómica traballará man a man coas empresas para lograr estes obxectivos”.
O vicepresidente económico lembrou que o investimento público-privado arredor do Polo Aeroespacial “ten sido moi superior ao inicialmente esperado”, e así, os primeiros cinco anos pecharon cun investimento de máis de 164 millóns de euros, e nos dous anos do novo período de investimentos mobilizouse xa máis do dobre: 333,6 millóns de euros de fondos públicos e privados. O obxectivo é chegar aos 540 millóns de euros de investimento no período 2021-2025 se finalmente se logran fondos europeos procedentes do PERTE aeroespacial.
Conde resaltou a contribución de instrumentos como a pública innovadora, que permitiu, dixo, “crear as bases para que a industria galega poida traballar directamente coas principais empresas do sector, como Airbus, Boeing e Telespazio, os novos socios industriais en Rozas, e con líderes nacionais como Indra, GMV, Babcock España ou Telefónica”.
Tamén informou que ao longo de 2023 poranse en marcha dous novos instrumentos. Por un lado, axudas para a compra privada de innovación, que financiará con axudas públicas á I+D a aquelas empresas e centros galegos capaces de asinar acordos con grandes usuarios privados, e por outra banda potenciarase a cooperación técnica, apoiando aos potenciais clientes das empresas galegas para que poidan abordar o proceso de licitación necesario para contratar tecnoloxías, produtos e servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?