Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Industriosa acolle a vindeira semana un curso de Embedded Rust dirixido por Eloy Coto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Industriosa acolle a vindeira semana un curso de Embedded Rust dirixido por Eloy Coto

S. P.
Publicado: 14/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

embedded_rust_cata.jpgA programación integrada ou Embedded Rust está a medrar nos últimos tempos. Disto sabe moito Eloy Coto, enxeñeiro de software sénior, quen dirixirá o 25 de febreiro unha serie de katas mensuais de Embedded Rust organizadas pola Industriosa para todos aqueles e aquelas interesados en facer programación integrada mentres aproveitan os conceptos de nivel superior e as garantías de seguridade que achega a linguaxe Rust.
Indo ao encontro en cuestión, constará dunha introdución e unha configuración do contorno de desenvolvemento no primeiro kata (25 febreiro) levada a cabo por Eloy Coto. Nos vindeiros katas, que se levarán a cabo o terceiro sábado do mes, Eloy será o presentador de varios temas sendo as sesións de programación por parellas. A finalidade deste curso será ter un pequeno proxecto que construír (preferibelmente baseado en STM32 (ARM) ou ESP32 (RISC-V). En canto ao hardware de referencia, recoméndase levar STM32F4XX, ESP32. Sinalar que para estas sesións non é preciso ter coñecementos previos.
A axenda dos katas será a seguinte: de 9:30 a 10h, almorzo nunha cafetería; de
10 a 12h, Pair-programming de prototipo; de 12 a 13:30 h, Introdución/Presentación de calquera tema específico (Testing, CI, depuración, etc) e de 13:30 a 14h Recapitulación e votación da presentación do seguinte tema.
Dicir que este evento é patrocinado pola Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), sendo a participación de balde.
Máis información e rexistro en Meetup.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?