Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia, pioneira en aplicación de tecnoloxías para mellorar a recollida de residuos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia, pioneira en aplicación de tecnoloxías para mellorar a recollida de residuos

S. P.
Publicado: 15/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribeira_residuos_tecnoloxias_230215_avm_ribeira_2.jpgGalicia púxose á cabeza das comunidades en materia de tecnoloxías aplicadas á recollida e selección de refugallos. Fíxoo cun proxecto innovador que optimiza o uso dos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e azuis (papel e cartón). O proxecto piloto arrincou este 15 de febreiro en Ribeira, presentado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada do alcalde Manuel Ruiz Rivas. Trátase da plataforma de reciclaxe intelixente Smart Waste, que permitirá recoller datos en tempo real sobre o volume e tipoloxía de residuos grazas á incorporación de sensores nos camións, de sistemas GPS e de tecnoloxía avanzada nas plantas de selección.
Segundo fixeron saber, toda a información recollida “facilitará optimizar procesos como a adecuación da frecuencia de recollida, as rutas que ten que realizar cada camión ou os lugares nos que fan falta máis ou menos contedores”. Ademais, destacaron que “poder dispoñer deses datos dun xeito máis áxil e nun formato único permitirá coñecer tanto as tendencias de consumo como o depósito de refugallos por barrios, parroquias, etc., o que tamén axudará a decidir a adopción de medidas en función da información recollida”.
Amais, Ángeles Vázquez incidiu en que se trata “dunha ferramenta de optimización do servizo de recollida, selección e reciclado dos residuos que adianta o futuro das Cidades Intelixentes situando Galicia como unha das comunidades máis vangardistas na aposta pola aplicación dos principios da economía circular”.
No marco da presentación desta iniciativa, a conselleira puxo en valor a colaboración que a Xunta vén mantendo con Ecoembes co obxectivo de sensibilizar e mobilizar á cidadanía de cara á unha mellor xestión dos refugallos e un maior respecto cara ao medio ambiente. Así, dixo, facendo balance, “arredor de 2.000 galegos mobilizáronse en 2022 para as recollidas de residuos organizadas no marco do proxecto Libera, unha iniciativa na que colaboran a Xunta, Ecoembes e SEO/Birdlife, e grazas á que foron recollidos 400 quilos de lixo en máis de 100 puntos da Comunidade”. Esta iniciativa continuará ao longo de 2023 e, de feito, está previsto que en marzo se realice a nova campaña de voluntariado 1m2 polos ríos, lagos e embalses, o que “supón unha nova oportunidades para amosar o compromiso da sociedade coa protección e preservación do medio ambiente”, comentou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?