O Goberno central fixo balance dos seus plans para equipar con Internet de alta capacidade zonas brancas do rural lucense. Fíxoo a través da subdelegada Isabel Rodríguez, quen estivo este mércores 15 de febreiro na Pastoriza para detallar os recursos dirixidos a dotar de banda larga a este concello de Lugo. Segundo dixo, o Executivo achega para a provincia de Lugo un investimento de 22,5 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Isabel Rodríguez. Isto tradúcese, no caso da Pastoriza, en conectar á Internet de alta velocidade a 1.362 familias e empresas instaladas no municipio. Farase a través do Plan Único-Banda larga, o programa posto en marcha polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
“É unha mostra de como están a impactar as políticas do Gobierno de España para mellorar a vida dos lucenses, con proxectos reais que dan resposta ás demandas da cidadanía e que van encamiñados a reducir a fenda dixital, un obxectivo prioritario dentro do reto demográfico, porque dotando de novas tecnoloxías aos municipios pequenos aumentamos as posibilidades de desenvolvemento e fortalecemos a cohesión territorial”, destacou a subdelegada durante a reunión co alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, na que trataron os programas dispoñibles do Gobierno en materia de vivenda, transición ecolóxica, turismo e administración pública.
Isabel Rodríguez informou que o Concello da Pastoriza está presente nas dúas convocatorias de dixitalización do territorio que impulsa o Goberno a través do programa Único-Banda Larga, co que se garante que 488 zonas da localidade dispoñan de conectividade de máis de 300 Mbps. “Esta iniciativa promove que toda a poboación teña acceso ás telecomunicacións en igualdade de condicións, fundamental para unha provincia como a de Lugo cunha elevada dispersión territorial”, engadiu.
Deste xeito, A Pastoriza está incluída nos proxectos de dotación da Internet de alta velocidade que leva a cabo o Ministerio co Plan de Recuperación e que se vehiculan, con dúas convocatorias xa resoltas: a de 2021, que xa está en execución; e a convocatoria do 2022, xa adxudicada. O Goberno financia con este programa ata o 90% dos custos (tecnolóxicos, obras, permisos, etc) nos que incorren as empresas tecnolóxicas para levar Internet de alta velocidade (superior a 300mb) a zonas sen cobertura.
Na provincia de Lugo os fogares e empresas beneficiarios deste proxecto localízanse en zonas brancas, aquelas que non contan con cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos/nos próximos tres anos. Entre as dúas convocatorias deste plan, o Goberno levará a tecnoloxía de conexión ultrarrápida a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
O Goberno despregará conexión de alta velocidade a 1.360 fogares e empresas da Pastoriza
Compartir Este Artigo

