Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística pide a integración do galego na plataforma tecnolóxica europea OLS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística pide a integración do galego na plataforma tecnolóxica europea OLS

S. P.
Publicado: 16/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

online_language_support_valentin_garcia_politica_linguistica_xunta_galego.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este 16 de febreiro na sesión do Intergrupo de Minorías Nacionais e Linguas do Parlamento Europeo para tratar a inclusión do galego, o catalán e o éuscaro na plataforma Online Language Support (OLS) do programa Erasmus +. A reunión celebrouse en Estrasburgo. No seu transcurso, García dixo que o estudo do galego “abre unha porta de entrada perfecta ao mundo da lusofonía, que engloba 250 millóns de habitantes”.
A aplicación OLS é unha gratuíta e en liña que ten como finalidade facilitar aos estudantes que se acollen ao programa de mobilidade europea Erasmus e aos participantes do programa europeo de solidariedade (European Solidarity Corps) a aprendizaxe das linguas oficiais da Unión Europea, así como do islandés, macedonio, noruegués, serbio e turco.
O representante da Xunta sinalou que as tres universidades públicas galegas “reciben cada curso algo máis de 1000 alumnos e alumnas para realizar os seus estudos como participantes do programa Erasmus +”.
Neste marco, Valentín García fixo fincapé en que o slogan a través do que se promove Erasmus+ 2021-2027 afirma que este programa “é máis inclusivo, máis dixital e máis ecolóxico”. E engadiu: “Cómpre que a lingua galega, o código de comunicación dun millón e medio de falantes na actualidade, estea presente na Online Language Support para que as persoas que cursan os seus estudos en Galicia poidan integrarse na nosa sociedade en xeral e na comunidade universitaria en particular”, sinalou.
Ademais, aproveitou para lembrar que a lingua galega, “que formou parte dun tronco lingüístico común co portugués ata o século XV, é aínda a día de hoxe unha porta de entrada perfecta no amplo mundo da chamada lusofonía, que engloba un total de 250 millóns da falantes en catro continentes”. Deste xeito, “dándolles a posibilidade de aprender o galego, estáselles entregando tamén unha chave para abrir esa porta”, dixo.
A solicitude de inclusión das tres linguas cooficiais na OLS foi impulsada pola Xarxa Vives d´Universitats, que engloba 22 universidades de Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Andorra. Co tempo, foi sumando o apoio de numerosas universidades e gobernos autonómicos do resto do país, incluíndo recentemente a do Ministerio de Universidades do Goberno de España. A decisión final será tomada pola Unión Europea tras un período de reflexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?