Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG presenta á comunidade científica galega a proposta InnovaGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG presenta á comunidade científica galega a proposta InnovaGal

S. P.
Publicado: 16/02/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

innogal_bng_parlamento_galego_16_feb_1.jpgA portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo este xoves 16 de febreiro un encontro coa comunidade científica galega para explicarlle de primeira man a proposición de lei de creación do InnoGal, entidade que segue o ronsel das iniciativas que funcionan con éxito en Euskadi (Ikerbasque) e Catalunya (ICREA), co obxectivo de “facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento de Galiza”. O InnoGal, dixo, ten un dobre obxectivo: “optimizar a xestión dos recursos e reter e captar talento investigador.
Segundo dixo, a nosa terra atópase “moi lonxe” do investimento en ciencia e tecnoloxía da media europea e por debaixo da media estatal. Ou sexa, explicou, estamos a falar dun índice do 1,1% sobre o PIB galego fronte ao 1,43% do conxunto do Estado e ao 2,3% a nivel europeo.
“A xeración de coñecemento é esencial para Galiza”, fixo saber, engadindo que “isto implica dous elementos que son clave: financiamento estable e suficiente, que debe acadar cando menos a media da Unión Europea, e un programa de recursos humanos integral para todas as etapas da carreira investigadora, que aporte estabilidade e planificación aos nosos investigadores e investigadoras”, subliñou, “porque o amor a ciencia está ben pero non paga as facturas”.
Estes son os vimbios de InnoGal, iniciativa coa que o BNG confía poda recibir o apoio unánime do Parlamento durante a súa tramitación na Cámara, “porque estamos ante unha cuestión de país”, argumentou.
Éxito catalán e éuscaro
innogal_bng_parlamento_galego_16_feb_11.jpgO proxecto InnoGal, dixo, está deseñado na proposta lexislativa como un organismo público para facilitar a xeración de ciencia desde “unha xestión eficaz e eficiente”, tanto dos recursos económicos como humanos e materiais. “Co InnoGal queremos pór o capital humano no centro, promovendo as condicións laborais para reter o persoal investigador, captar talento de excelencia e lograr o retorno de talento emigrado”, explicou, destacando o éxito de entidades similares en Catalunya e en Euskadi: “Desde a súa creación en 2001, o ICREA obtivo máis de 780 M€ para fondos de investigación. Pola súa parte, o IkerBasque, creado en 2007, conseguiu un retorno de 175 M€ só no último ano e o País Vasco lidera o investimento en I+D+i cun 2,2% do seu PIB e tamén lidera o retorno per cápita de fondos europeos, porque case triplica a media estatal”.
Proposición de lei
A proposición de lei, que o BNG ultima para presentar no Parlamento, componse dun artigo para modificar e incorporar á Lei 5/2013, un capítulo polo que se crea a Fundación galega para a ciencia (INNOGAL), dúas disposicións adicionais, dúas disposicións derradeiras e unha disposición derrogatoria única.
“Definimos o InnoGal como unha entidade sen ánimo de lucro encamiñada a promover a investigación e a ciencia, que supere a fragmentación da política de I+D+i e que permita a creación da figura de persoal investigador”, recalca. A PNL fixa a composición mínima do padroado, a planificación estratéxica e a necesaria rendición de contas ao Parlamento galego. Tamén inclúe a garantía de investimento necesario e fixa o prazo dun ano para o desenvolvemento normativo da lei.
Ciencia, motor de futuro
“Esta iniciativa lexislativa parte do carácter estratéxico que o BNG concede á ciencia e á investigación como motor para unha Galiza de futuro, próspera e de vangarda, porque entendemos que a ciencia é clave para o desenvolvemento social e económico e require unha aposta firme, máxime nun momento de grandes cambios e transformacións”, argumentou Pontón, salientando que “o país ten capacidade e talento para ser un referente en ciencia e innovación, pero é evidente que se precisan máis medios e unha mellor planificación para estar na vangarda científica”.
Comunidade científica
Entre os asistentes, representantes do Centro de Investigación da UdeV (CINBIO), Centro de Investigación e Tecnoloxías da Comunicación (AtlantTIC), Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTEX), Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), Centro de Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías ambientais (CRETUS), Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) e Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITmaga), entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?