Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar pechou 2022 con preto do 70% da poboación galega con acceso á súa fibra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar pechou 2022 con preto do 70% da poboación galega con acceso á súa fibra

S. P.
Publicado: 17/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar_equipos_fibra_internet.jpgA operadora Movistar fixo balance do acadado en 2022 en materia de cobertura galega de fibra óptica. Segundo explicou no seu informe, foi quen de pechar o ano levando tecnoloxía de banda larga (a través de FTTH) a todos os municipios de Galicia e “superando o millón e medio de fogares e negocios galegos con acceso ás súas redes ultrarrápidas”. Asi, os 313 municipios galegos dispoñen xa de polo menos algunhas unidades inmobiliarias con cobertura de FTTH, o que supón “que o 68,9% da poboación galega conta xa con acceso á fibra óptica de Movistar”, engádese.
Por provincias, a fibra de Movistar conecta en Pontevedra a 534.605 unidades inmobiliarias, o que supón o 74,9% da poboación; na Coruña, 638.665 unidades inmobiliarias, que supoñen o 68,3% da poboación; en Ourense, 221.915 unidades inmobiliarias, que supoñen o 66,7% da poboación da provincia; e en Lugo, 145.023 UUII, que supoñen o 59,7%.
En palabras de Movistsar, as cifras seguirán a medrar este ano, xa que “os traballos de despregadura continúan a bo ritmo”, en colaboración coas administracións estatais, autonómicas e provinciais, e respondendo ao compromiso de Telefónica e o seu presidente, José María Álvarez-Pallete, de “conectar toda España con esta tecnoloxía en 2025”.
A operadora lembra que a súa tecnoloxía FTTH permite aos clientes dispor de velocidades simétricas (subida e baixada) da Internet a 1 Gbps ou de televisión en alta definición, ademais de opcións de teletraballo, gaming, educación ou trámites administrativos.
O informe conclúe deste xeito: “A nosa fibra, combinada coa excelente cobertura móbil de Movistar en Galicia, que no caso do 3G e 4G alcanza ao 98% da poboación, mentres segue avanzando o despregamento de 5G, converte a comunidade autónoma nunha das máis avanzadas de España e Europa respecto ao acceso da poboación á banda larga ultrarrápida”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?