Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baltar presenta a novena edición da semana ICC Week en Pública23
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baltar presenta a novena edición da semana ICC Week en Pública23

S. P.
Publicado: 17/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_iccweek_oscar_becerra_alberto_fesser_manuel_baltar_mariana_pineda_y_juan_rivas.jpgO presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta semana en Madrid na presentación da novena edición da ICC Week no marco de Pública23, o foro de profesionais da xestión cultural organizado pola Fundación Contemporánea e A Fábrica. Manuel Baltar reuniuse na sede da Fábrica cos responsables das dúas ditas entidades para abordar a novena edición da ICC Week e planificar posibles novas liñas de colaboración.
A Semana das Industriais Culturais e Creativas celebrarase este ano do 17 ao 23 de abril. Novamente serán un fervedoiro de encontros, faladoiros, obradoiros, presentacións e demostracións arredor das correntes máis vangardistas da cultura, a tecnoloxía (poñendo o foco no universo gaming e nos eSports), a comunicación e o lecer.
publica23_en_el_circulo_de_bellas_artes_de_madrid.jpgDespois da reunión, Manuel Baltar sinalou que “da man de Fundación Contemporánea e A Fábrica, estamos a multiplicar o retorno dun evento como a ICC Week, consolidado como un evento de referencia dentro das industrias culturais e cunha importante visibilidade en Pública23 dentro de todas as accións culturais que se realizan en España”.
O presidente destacou tamén que a inclusión da ICC Week no foro Pública23 é “unha oportunidade única para salientar a excelencia e o talento das industrias culturais e creativas da provincia e visibilizar o patrimonio natural e cultural ante unha audiencia de expertos e profesionais do sector”.
Durante a reunión na Fábrica, Manuel Baltar avanzou a que será a imaxe central da novena edición da ICC Week: o Observatorio Astronómico da Veiga e o ceo de Trevinca. “Cada ano eliximos un elemento do patrimonio ourensán como imaxe. E, sen dúbida, o ceo de Trevinca é unha das xoias da provincia de Ourense, impulsada grazas ao moderno centro realizado grazas á colaboración entre Concello, Deputación e Xunta de Galicia”, sinalou o presidente do Goberno provincial, que incidiu no carácter “referencial dun espazo que se une como imaxe oficial da ICC Week a outros emblemas ourensáns como o Alpinche, o xadrez de San Rosendo ou o Dolmen de Casiña de Moura”.
juan_rivas_alberto_fesser_oscar_becerra_mariana_pineda_y_manuel_baltar.jpgDentro de Pública23, a ICC Week foi incluída no espazo Mapa Cultural de España. O coordinador técnico do evento, Juan Rivas, presentou no Círculo de Belas Artes as liñas mestras do proxecto xunto a potentes iniciativas do sector como o Bilbao BBK Ao vivo, o Museo Picasso de Málaga, Estremadura Cultura Transfronteiriza ou Sesión Vermú.
Pública23 é un encontro de referencia internacional para os profesionais da cultura. Este ano celébrase a edición trece. Consiste nunha xornada de dous días para compartir experiencias entre profesionais e explorar oportunidades de colaboración.
A edición pasada, en liña e presencial, reuniu a máis de 1.000 profesionais do sector cunha presenza internacional de 30 países.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?