Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achega novos cursos ciberseguridade, eAdministración e emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achega novos cursos ciberseguridade, eAdministración e emprendemento

S. P.
Publicado: 20/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-16.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa-rede de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta nesta recta final de febreiro cinco novas accións formativas, impartidas de xeito presencial e telemático e enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e cidadanía en xeral. Os cursos tratarán temas como a ciberseguridade e o que fica oculto na navegación, a primeira toma de contacto coa Administración Electrónica, a creación dunha empresa, as tendencias de economía dixital e a captación de clientes.
Os obradoiros darán comezo este luns 20 de febreiro, pola mañá, co curso sobre Ciberseguridade. O que non se ve da navegación na Internet. Ten como obxectivo dar a coñecer ao asistente os riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet: que é un ciberataque, o mapa mundial dos ciberataques en tempo real e os obxectivos dos ciberdelincuentes. Este obradoiro estará impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
Na quenda da tarde, José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia, conducirá o obradoiro Primeiros pasos coa Administración Electrónica, curso dirixido a pequenas e medianas empresas e autónomos e tratará de dar a coñecer as diversas utilidades relacionadas coas xestións administrativas. O obxectivo é “amosar como obter, utilizar e aplicar ferramentas como o DNI electrónico e o certificado dixital”.
O martes 21 impartirase unha nova formación, A empresa e o comezo da súa creación. Neste obradoiro mostrarase como afrontar os custes económicos que implica a posta en marcha dun negocio, amais de achegarse claves sobre a xestión do tempo neste proceso. A licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, Paz Ares, será quen o dirixa.
A derradeira xornada da semana, o xoves 22, contará cunha dobre sesión. Pola mañá, Manuel Freire volverá a ser o experto encargado de conducir un obradoiro presencial ás 11.00 horas, no punto SmartPEME do Porriño, localizado no Multicentro do Concello. Baixo o epígrafe Tendencias de economía dixital 2023, o seu obxectivo será dar a coñecer as principais tendencias tecnolóxicas facendo un repaso polas tecnoloxías emerxentes. Abordarase o tema da creación de imaxes e textos con algoritmos de Intelixencia Artificial e, tamén, realizarase unha visita a Realidade Virtual mostrando algunhas das aplicacións que xa se poden utilizar nos eventos empresariais.
Para rematar, ás 17.00 horas, a consultora e adestradora empresarial Isabel Rodríguez dirixirá Captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade” centrada na comunicación como base de toda estratexia efectiva e metodoloxía que logra de forma eficiente pechas ventas facendo rendibles os obxectivos de visibilidade e a captación leal de clientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?