Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous prototipos do CITIC poranse a proba no marco da expedición Compromiso coa Terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous prototipos do CITIC poranse a proba no marco da expedición Compromiso coa Terra

S. P.
Publicado: 28/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_expedicion-laponia.jpgEste luns 27 de febreiro partiu dende Mos (Pontevedra), con destino ao Lago Torneträsk de Laponia, a cuarta expedición do proxecto Compromiso coa Terra, capitaneada pola alpinista Chus Lago e que ten a finalidade de espertar a conciencia ambiental sobre o cambio climático. Durante a misión poranse a proba dous prototipos desenvolvidos no CITIC (o Centro de Investigación TIC da UDC) dotados de sensores de brillo de ceo nocturno que incorporan outros sensores auxiliares de temperatura e humidade baseados en tecnoloxías IoT (Internet of Things).
Os prototipos deseñáronse no marco do proxecto Sensorización ubicua do brillo do ceo nocturno baseado en tecnoloxías da internet das Cousas do Plan Estatal de I+D+i. O proxecto, dirixido por Carlos Dafonte Vázquez e Minia Mantegia e no que participa o investigador Daniel Boubeta Portela, céntrase no deseño e desenvolvemento duns fotómetros baseados en hardware e software libre con capacidades aumentadas de conectividade, almacenamento e procesado das medidas de brillo do ceo nocturno.
No proxecto tamén se desenvolveu unha plataforma de comunicacións asociada para recompilar a información e posta ao dispor da comunidade científica. As condicións extremas de temperatura do Lago Torneträsk e a súa localización próxima ao Polo Norte convérteno nun lugar óptimo no que poñer a proba a resistencia e funcionamento dos sensores desenvolvidos no CITIC.
A expedición terá unha duración de aproximadamente 20 días e os seus membros circunvalarán o perímetro de aproximadamente 200 km do Lago Torneträsk en esquíes e arrastrando as zorras nos que levarán os seus equipos persoais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?