Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e o Centro Criptolóxico forman aos concellos en defensa contra ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e o Centro Criptolóxico forman aos concellos en defensa contra ciberataques

S. P.
Publicado: 28/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

formacion_coruna_deputacion_ciberseguridade_1.jpgA Deputación da Coruña, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), organiza estes días unha actividade formativa para protexer aos concellos das principais ameazas en liña que poden poñer en risco a súa xestión, as súas comunicacións e os seus datos.
O curso Esquema Nacional de Seguridade (ENS) para responsables de ciberseguridade das entidades locais vén con tres xornadas de contidos, ao longo das cales os técnicos dos concellos da provincia fórmanse sobre cuestións relacionadas coa seguridade nos sistemas informáticos de de tratamento de datos dos concellos e sobre o ENS, que proporciona ao sector público un marco de acción común par afacer fronte ás ciberameazas.
O deputado de Persoal, Economía e Facenda, Antonio Leira, foi o responsable de inaugurar as xornadas. Leira destacou que a Deputación “leva desde o ano 2015 traballando na adecuación dos seus sistemas informáticos aos ENS e é unha das tres primeiras deputacións de España con sistemas certificados”. Tamén lembrou que a Deputación conta cunha oficina de técnica de ciberseguridade para apoiar aos concellos neste eido e axudalos a conseguir a certificación dos seus sistemas no ENS, así como para seguir adecuando os sistemas da entidade provincial a este protocolo nacional.
O obxectivo do curso, explicou, é capacitar aos asistentes para a adopción do Esquema Nacional de Seguridade nas súas respectivas institucións como ferramenta facilitadora da seguridade dos seus sistemas informáticos.
Asemade, comentou que os contidos deste curso “están completamente aliñados coa estratexia que a Deputación da Coruña está a poñer en marcha para impulsar na provincia, de maneira conxunta e unificada, un Plan de Adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade e ao marco normativo para os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?