Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Gradiant presentan no MWC o seu proxecto de entrega de paquetes con drons 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Gradiant presentan no MWC o seu proxecto de entrega de paquetes con drons 5G

S. P.
Publicado: 28/02/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

telefonica_dron_5g_paquetes_gradiant.jpgA operadora Telefónica fixou para este martes 28 de febreiro, nun marco tan concorrido como o do Mobile World Congress de Barcelona, a presentación dun proxecto de seu, desenvolvido polo Centro Tecnolóxico Gradiant (con sede en Vigo), para a entrega de envíos a través de drons con 5G. A iniciativa, pioneira en España, ten como alicerce unha fonda análise das posibilidades do dito estándar móbil: de como a rede 5G pode facilitar o desenvolvemento e implantación de servizos con vehículos aéreos non tripulados en contornas urbanas, por exemplo o envío de paquetes e subministros.
Para iso, Telefónica contou coa colaboración do centro galego Gradiant no desenvolvemento do sistema intelixente de comunicacións cooperativas, na implementación da solución que permite ofrecer localizacións precisas e na integración destas tecnoloxías nos drons e elementos intelixentes das Cidades Intelixentes. Tamén participou o fabricante de dispositivos Ericsson, que ofrece a rede móbil actualmente en modo comercial sobre a que se desenvolve este proxecto, e Genasys, empresa especializada en LBS (servizos baseados en xeolocalización) e comunicacións críticas de emerxencia.
Caso de uso
O caso de uso, presentado recentemente na sede central de Telefónica en Madrid, consiste no voo de varios drons que se comunican entre si e con diferentes elementos urbanos conectados, co obxectivo de facer unha correcta entrega dun paquete nun punto de recollida móbil, atopando na súa traxectoria outro vehículo aéreo de semellantes características ou un aviso dunha área de voo restrinxido. Telefónica explica que o desenvolvemento deste proxecto foi “fundamental” a implicación de Correos, que é “pioneira na exploración de novas solucións para o transporte de mercadorías con drons, para chegar a zonas de difícil acceso ou mesmo prestar novos servizos”, engadiron fontes da operadora.
Coa finalidade de facer posible este piloto foi necesario combinar varias tecnoloxías, como a 5G, as comunicacións C-V2X, a tecnoloxía RTK e a localización móbil. “A tecnoloxía 5G, coa súa baixa latencia e gran largura de banda, é clave para o desenvolvemento de casos de uso baseados en drons, xa que as baixas latencias resultan decisivas para poder establecer unha comunicación en tempo real e a cooperación entre drons, e entre drons e obxectos conectados”, explican Telefónica e Gradiant, que, no caso da tecnoloxía C-V2X, lembran que se trata dunha empregada nos coches conectados que neste caso concreto facilitou a capacidade de interacción do dron coa súa contorna mediante mensaxes de curto alcance, comunicándose coa Smart City para poder reaccionar de maneira intelixente ás condicións cambiantes da devandita contorna.
Pola súa banda a tecnoloxía RTK (Real Time Kinematic ou navegación cinética satelital en tempo real) ofrece localizacións precisas con marxes de erro de centímetros, “algo fundamental para determinadas situacións coma a aterraxe de drons nas caixas de correos móbiles”, sinalan.
Ao devandito súmase o servizo de localización 5G, que ofrece información sobre a localización e unha estimación da distancia do vehículo aéreo á antena. Este servizo exponse como unha segunda fonte de posicionamento independente para contrastar a posición calculada con GNSS, garantindo a integridade do posicionamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?