Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC traballa nun novo proxecto europeo para evitar fugas de datos na loita contra o cancro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC traballa nun novo proxecto europeo para evitar fugas de datos na loita contra o cancro

S. P.
Publicado: 01/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_trum1.jpgFernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, investigadores do centro AtlantTIC (UVigo), coordinados Centro Tecnolóxico Gradiant, serán os encargados da dirección científica dun proxecto europeo de eSaúde que busca mobilizar tecnoloxías avanzadas para loitar contra o cancro ao tempo que se respecta a privacidade do paciente. Trátase do proxecto Trumpet (Trustworthy Multi-site Privacy Enhancing Technologies), que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información da denominada aprendizaxe federada, concepto creado por Google en 2016, que se emprega en medicina, defensa, telecomunicacións ou farmacia.
O traballo de Trumpet, no que tamén participan tamén Reino Unido e Israel e que conta cun investimento de cinco millóns de euros en tres anos, materializarase a través de dous socios sanitarios, os hospitais oncolóxicos de Liege, en Bélxica, e de IRST-IRCCS, en Emilia-Romaña, Italia.
O reto da información protexida
Segundo explican os investigadores de AtlantTIC, a aprendizaxe federada na actualidade sábese que presenta unha serie de vulnerabilidades en canto á privacidade, que impiden que os hospitais con unidades oncolóxicas poidan compartir información das e dos pacientes ao incumprir o Regulamento Xeral de Protección de Datos Europeo (General Data Protection Regulation -GDPR-). “Os algoritmos empregados hoxe en día en aprendizaxe federada para compartir información pódense reverter, tendo o risco de extraer deles datos persoais. Polo tanto, non poden ser usados sen a axuda doutras ferramentas. O que imos facer no proxecto é concibir solucións para paliar esta vulnerabilidade”, explica Fernando Pérez-González, investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic).
Ata este momento, Trumpet celebrou a súa primeira reunión de equipo, un consorcio do que forman parte nove organizacións: dous hospitais (Centre Hospitalier Universitaire de Liège e Instituto Romagnolo per lo Studio dei Tumori Dino Amadori), tres centros de investigación (Gradiant, Commissariat à l’Énergie Atomique et aux Énergies Alternatives, e Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique), unha universidade (atlanTTic – Universidade de Vigo) e tres pemes (Time.Lex, Technovative Solutions y Arteevo Technologies).
Os investigadores galegos foron elixidos para o proxecto, principalmente polos tres lustros que levan traballando con cifrado homomórfico, a tecnoloxía na que se comparte e traballa con información sen que o dato persoal poida ser descifrado por persoas non autorizadas. Segundo explica Fernando Pérez, “a lexislación é moi garantista co individuo e iso non o podemos perder de vista, pero si se pode chegar a un modelo que permita compartir datos entre hospitais porque iso melloraría a investigación en tratamentos ou axudaría na diagnose. Os algoritmos funcionan mellor cando se adestran aportando moitos datos. A función de autocompletar de Google beneficiase do adestramento con datos de centos de millóns de usuarios, e por iso é tan efectivo”.
AtlantTIC é un dos centros de investigación pioneiros en España en cifrado homomórfico, no que se centra a tese de doutoramento de Alberto Pedrouzo, porén, “trátase dun sistema custoso e complexo”, matiza o investigador, e Trumpet tratará de acadar, nos próximos tres anos, unha solución híbrida que manteña as vantaxes do cifrado homomórfico pero que gañe en velocidade e facilidade de implantación.
Ademais de desenvolver mecanismos para conseguir “que o procedemento sexa efectivo sen perder privacidade”, os investigadores da UVigo deberán cuantificar en que medida é vulnerable o sistema, o que se denomina métrica de privacidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?