Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 34 empresas buscan no Foro Tecnolóxico de Emprego o talento do alumnado da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

34 empresas buscan no Foro Tecnolóxico de Emprego o talento do alumnado da UVigo

S. P.
Publicado: 02/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_forotecno1.jpgEsta primeira semana de marzo de 2023 (de martes a xoves) celébrase no Campus de Vigo unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, no que participan as tres escolas de enxeñaría con sede na cidade. Este evento, organizado “por e para o propio alumnado”, acada a súa 23 edición converténdose “nun clásico do calendario universitario”, en palabras UVigo, que puxo o foco unha vez máis no principal cometido da cita: tender pontes entre o mundo académico e o laboral. En total, 34 empresas e institucións están implicadas a través de postos informativos instalados no recibidor da EE de Minas e Enerxía.
Estes espazos de seu establecen un diálogo directo do alumnado, que pode coñecer as necesidades e demandas do tecido empresarial, entregar os seus currículos e axilizar unha posible contratación. De xeito paralelo, tanto a EE Industrial, como a de Minas e Enerxía e a de Telecomunicación acollen conferencias e presentacións técnicas sobre temas de interese escollidos polo alumnado a través de enquisas previas, e tamén obradoiros para mostrar e potenciar as súas aptitudes e desenvolver as súas competencias.
A primeira xornada do foro arrancou con presentacións de empresas como Indra, GBTEC Software, Accenture, Seresco e Borgwarner que deron paso ao acto oficial de inauguración, no que participaron o vicerreitor de Planificación e Sustentabilidade da Universidade de Vigo, José Luis Míguez, xunto con David Regades, delegado do Estado na Zona Franca; as concelleiras Elena Espinosa e Ana Mejías; Elena Alonso, directora da EE de Minas e Enerxía; Mohamed Boutinguiza, subdirector da EE Industrial; e Rebeca Díaz, directora da EE de Telecomunicación.
O vicerreitor José Luis Míguez trasladou a felicitación da Universidade a todo o equipo organizador, representado no acto pola coordinadora, María Purriños, e a “todas as mulleres que gañan peso neste evento” edición tras edición. Tanto o vicerreitor como David Regades e Elena Espinosa, que interveu en representación do Concello, coincidiron en salientar a importancia da interrelación entre o público e o privado, entre as empresas e as administracións públicas, “unha cooperación que se plasma tanto neste foro como noutras iniciativas nas que a UVigo participa xunto coa Zona Franca e o tecido empresarial, como o a futura fábrica de semicondutores fotónicos ou o primeiro proxecto de hidróxeno en Galicia”.
Detrás deste evento hai un grupo de algo máis de 20 estudantes das tres escolas de enxeñaría do campus vigués que, ao longo dos últimos meses, traballou arreo para converter o programa nunha realidade.
Entre as principais novidades desta edición está a posibilidade de subir os currículos á plataforma Beamian, unha opción que se retoma da edición de 2020, ou a presenza dun posto informativo da Área de Emprego, no que o alumnado pode revisar os seus CV e facer melloras antes de envialos e onde tamén hai un fotógrafo para que aqueles que o desexen poidan tomar unha foto profesional para os seus perfís de Linkedin ou para os currículos. Por outra banda, para incentivar a participación do alumnado nas actividades do foro, tamén se realizan sorteos, que inclúen dende un iPad ata patinetes eléctricos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?