Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 200 fogares do rural de Covelo verán mellorada a súa cobertura grazas a unha nova antena
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 200 fogares do rural de Covelo verán mellorada a súa cobertura grazas a unha nova antena

S. P.
Publicado: 03/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

banda_larga_cobertura_internet_covelo_concello.jpgO Concello de Covelo informou dunha relevante iniciativa para mellorar a cobertura de televisión e telefonía no rural do municipio, concretamente nos lugares de A Lamosa, Paraños e Prado de Canda. A medida, que afectaría a arredor de douscentos fogares, foi posible grazas á colaboración entre entre Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Lamosa e o Concello de Covelo. Consistirá na colocación dunha antena de última xeración.
A dita colaboración foi formalizada esta semana polo presidente da comunidade de montes de A Lamosa, Nelso Paramés, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, que asinaron ante notario o convenio que facilitará a colocación do dito equipo de telecomunicacións “dando resposta así á demanda da veciñanza que tiña unha cobertura deficitaria de televisión e conexión telefónica”.
Segundo explicou Pablo Castillo, “hoxe é indispensable traballar de xeito colaborativo e transversal para o ben común. A investigación e desenvolvemento de tecnoloxías que se poñan a disposición das necesidades humanas, a cooperación entre administracións e o diálogo e bo entendemento entre axentes sociais e gobernos permiten que hoxe poidamos dar resposta á demanda da veciñanza destas parroquias”.
Engadiu o alcalde, que o seu Goberno apoiará os proxectos e iniciativas que “fomenten o avance tecnolóxico e dixital en beneficio da veciñanza e dos negocios locais, que así poderán desenvolver a súa actividade profesional dende os fogares, estudar, realizar xestións e ter unha acceso á rede en igualdade”.
A través deste acordo, a CMVMC de A Lamosa cederá de xeito gratuíto durante 15 anos o uso de 82 metros cadrados para instalar a antena e outros 1.100 metros cadrados destinados a unha pista de acceso. A cesión poderá ser renovada en favor do Concello sempre e cando se manteña o uso.
O presidente das e dos comuneiros da Lamosa salientou a importancia desta decisión e confía en que esta infraestrutura resolva todas as necesidades: “Hoxe en día o rural non debe estar illado e nestas parroquias temos mocidade que estuda, outra que vén nas fins de semana, persoas que a partir de agora poden teletraballar e é preciso dar un servizo de acceso tamén á oferta de lecer e informativa da televisión sen interrupcións”.
Esta antena de nova tecnoloxía dará servizo á veciñanza de A Lamosa, Paraños e Prado da Canda. Ubicada no lugar de Congosta, enmárcase dentro dun programa de colaboración desenvolto pola Xunta de Galicia e a FEGAMP.
Logo de ter avaliado outras alternativas que non darían un servizo tan amplo, alcalde e comuneiros prestaron especial atención a este proxecto de investigación que “dá os seus primeiros resultados coa implantación das primeiras antenas de última xeración”, explicaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?