Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME móstranos como recoñecer un ataque de phishing e como crear unha web profesional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME móstranos como recoñecer un ataque de phishing e como crear unha web profesional

S. P.
Publicado: 06/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta cinco novas accións formativas para esta segunda semana de marzo, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online dirixidos a persoas autónomas, pequenas e medianas empresas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como a suplantación en liña (phishing), a promoción da igualdade de xénero nun negocio, a creación dunha web profesional, a emisión de eventos a través da Rede ou a edición de vídeo.
Os obradoiros darán comezo este luns 6. O obxectivo deste primeiro curso, Ciberseguridade, o phishing, é o de dar a coñecer esta forma de ciberataque, a máis perigosa e efectiva, estudando as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificalo con eficacia. A formación estará impartida por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
O martes 7 impartiranse dous obradoiros. Na quenda de mañá a licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, Paz Ares, dirixirá o curso Accións que promoven a igualdade de xénero no teu negocio. Nesta acción formativa explicarase como a igualdade de xénero real vai máis aló da regulación normativa e as accións positivas dentro das relacións laborais como elemento básico de actuación para integrar de modo efectivo a igualdade.
Na quenda de tarde, será María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, quen en Crea unha páxina profesional con WordPress II amosará as posibilidades que ofrece este CMS, dende os pasos para crear un sitio web ata profundar no seu deseño, desenvolvemento e xestión para conseguir unha páxina profesional e optimizada.
O xoves tamén haberá dúas accións formativas; pola mañá Manuel Freire, impartirá o curso Como emitir o teu evento en liña de forma profesional I. O obxectivo deste obradoiro é mellorar os eventos en liña que se levan a cabo cos clientes, a difusión do seu contido e calquera comunicación empresarial en liña. Finalmente pola tarde celebrarase a acción formativa Vídeo Márketing III – Vídeo edición, edita as túas gravacións de produto dirixido pola titulada superior en ensinos artísticos, Lara Taboada, na que aprenderán a realizar diferentes secuencias dun produto que queiran mostrar, a súa edición, engadir textos, iconas ou elementos gráficos que potencien o contido audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?