Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI denuncia neste 8-M a discriminación que sofren nas TIC as mulleres con discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI denuncia neste 8-M a discriminación que sofren nas TIC as mulleres con discapacidade

S. P.
Publicado: 07/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Mulleres traballadoras de COGAMI
Mulleres traballadoras de COGAMI
Coincidindo co 8-M, Día da Muller, a confederación COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga puxo o foco de atención nas que viven maior discriminación, encadrándose esta acción na campaña de sensibilización #SomosCOGAMI que visibiliza cada un dos meses deste ano as principais necesidades destes colectivos. No mes de marzo as protagonistas son as nas nenas e as mulleres con diversidades funcionais e cognitivas, por “ser un dos grupos de poboación que máis viven a discriminación social”, por “ser mulleres, por ter discapacidade e por vivir en zonas do rural, entre outras causas”.
COGAMI explica que “a pesar dos avances conseguidos en materia de dereitos nos últimos tempos, as nenas e mulleres con discapacidade enfróntanse continuamente a situacións de violencia, desigualdade, discriminación e prexuízos sociais contra elas”.
En palabras de Mónica Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), “nenas e mulleres con discapacidade enfróntanse diariamente a diferentes formas de discriminación que lles imposibilita o exercicio libre dos seus dereitos”.
A muller destes colectivos, engade, “é máis vulnerable ante os abusos”, e como proba disto, explica, atópase unha enquisa realizada por ACADAR sobre o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Segundo datos extraídos, o 15,71% das mulleres enquisadas confirmaron ter vivido violencia na Rede: o 44% recibiron comentarios ofensivos sobre o seu aspecto; a un 41% propuxéronlle ter relacións sexuais a través dunha mensaxe non desexada; o 34% recibiu fotografías ou vídeos de contido sexual a pesar de rexeitar estas ofertas e o 37% das mulleres declaran que se lles insistiu en manter algún tipo de relación romántica ou sexual.
Mónica Álvarez apunta que “dada que a violencia dixital é relativamente nova, as nenas e mulleres que viviron ou viven algún episodio non son conscientes de que iso é violencia, facendo difícil a identificación e a abordaxe da situación”.
Atención dende a infancia
muller_computador_moza_traballando.jpgPara garantir as mesmas oportunidades, dende COGAMI ven necesario “que se produza unha atención especializada dende idades máis temperás”. Se as nenas e nenos con discapacidade reciben terapias tralo nacemento, colaborarase a que teñan un mellor desenvolvemento co paso dos anos, sendo nesta etapa na que se pode compartir, xogar, estudar e relacionarse sen atopar obstáculos que as limiten.
“É necesario potenciar a participación social dende a nenez, resultando tamén básico contar cunha educación que sexa inclusiva, con recursos humanos e apoios técnicos que permitan que as nenas con discapacidade estean incluídas no sistema educativo, como aposta a nova LOMLOE”, explican fontes da confederación galega, lembrando que durante o ano pasado COGAMI realizou 7 intervencións dirixidas á inclusión educativa obrigatoria e defensa de dereitos de formación inclusiva.
Programas dirixidos ás mulleres
Para combater esta situación discriminatoria, dende COGAMI e o seu movemento asociativo traballan en programas de apoderamento da muller, onde, sinalan, “é preciso rachar cos estereotipos de infantilización e sobreprotección dende os núcleos familiares”. A presidenta de ACADAR apunta que “é importante que nenas e mulleres con discapacidade lideren as súas vidas, tomen as súas propias decisións e poidan exercer os seus dereitos cos recursos e apoios axeitados e que deben garantirse por parte da administración”.
Foron atendidas durante o ano pasado máis de 400 mulleres para diminuír a discriminación e prexuízos que as privan de exercer os seus dereitos. Algunhas das actuacións levadas a cabo foron de apoio, mobilización de recursos públicos e privados, acompañamento a vítimas de violencia, mellora das competencias para o emprego, das habilidades persoais e comunicativas, atención psicolóxica e/ou sexolóxica, entre outras.
Campaña #SomosCOGAMI
Dende COGAMI queren dar visibilidade durante todo este ano 2023 a unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias: “É unha chamada á acción para visibilizar un grupo social que representa o 9% do total da poboación”, sinala a confederación, que no mes de marzo reivindica a autonomía persoal a través do lema Somos Nenas e Mulleres.


Vídeo promocional desta campaña de COGAMI

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?