Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Barbanza acolle un novo curso de mercadotecnia dixital de Paideia, a Deputación da Coruña, a EOI e Deloa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Barbanza acolle un novo curso de mercadotecnia dixital de Paideia, a Deputación da Coruña, a EOI e Deloa

S. P.
Publicado: 07/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

marketing_deloa_deputacion_coruna_boiro_1_.jpgA comarca do Barbanza acolle este 2023 unha nova edición dun programa formativo que capacita ás persoas asistentes nos novos formatos, canles e vertentes da mercadotecnia e da publicidade, un ámbito de acción de gran interese para todas as empresas de calquera sector. Estamos a falar do curso Marketing Dixital. Empregabilidade e Cooperativismo, iniciativa conxunta da Fundación Paideia a Deputación da Coruña, a EOI (Escola de Organización Industrial) e Deloa. Os detalles da nova edición foron dados a coñecer este martes 7 de marzo en Boiro, con motivo da súa posta en marcha. O deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, e o alcalde Boiro, José Ramón Romero, participaron na xornada inaugural, no Centro Social de Boiro.
Este programa formativo organizado pola Fundación Paideia Galiza xunto a Escola de Organización Industrial, a Deputación da Coruña e a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa está dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego. Levarase a cabo de modo presencial entre os meses de febreiro e xuño e poderá realizarse en calquera das 3 edicións que se celebrarán de forma simultánea nos concellos ou agrupacións de concellos da provincia, a saber, Coruña, Boiro-Noia-Outes-Lousame, e Rianxo-Dodro-Rois.
Ademais de recibir máis de 200 horas de formación, as persoas participantes poderán gozar da experiencia de pasar unha semana noutra cidade de España coñecendo empresas e casos de éxito no sector da mercadotecnia dixital e o cooperativismo.
A participación neste programa formativo é totalmente gratuíta e contará con recoñecidos/as profesionais ds ditos ámbitos, referentes tanto a nivel galego como nacional. As clases grupais levaranse a cabo de modo presencial e realizaranse titorías individualizadas e grupais para o desenvolvemento de proxectos de cooperativismo no sector da mercadotecnia tecnolóxica. Ademais, as persoas participantes contarán co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.
Durante a mañá deste 7 de marzo celebrouse ademais unha formación económico-financeira impartida polo asesor en emprendemento Brais Pérez Gómez á que asistiron as persoas participantes inscritas nesta edición; a presentación da cooperativa gañadora da primeira edición, Kracia; e unha rolda de intervencións na que o deputado da área de emprego da Deputación destacou que “esta asociación estratéxica con Paideia, coa que vimos colaborando desde hai anos, e coa EOI vainos permitir ofrecer á mocidade novas oportunidades formativas e laborais nun eido de gran proxección de futuro, como é o do marketing dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?