Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA abre a inscrición de Tecnólog@ por un día e do Programa Mentoring FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA abre a inscrición de Tecnólog@ por un día e do Programa Mentoring FP

S. P.
Publicado: 08/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

digitalent_amtega_tecnologx1d.jpgA axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) puxo en marcha dúas das iniciativas do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións tecnolóxicas. Por un banda, ábrese o prazo de inscrición da oitava edición de Tecnólog@ por un día e, por outra, lánzase a primeira edición do Programa Mentoring FP.
Ata o 28 de marzo estará aberto o prazo de inscrición de Tecnólog@ por un día, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co sector TIC, para “ofrecer ao alumnado de Secundaria e Bacharelato a oportunidade de visitar durante unha xornada o centro de traballo dalgunha das empresas que colaboran coa iniciativa”.
Segundo informa a axencia, este ano hai 57 prazas dispoñibles para visitar durante os meses de abril e maio as instalacións das empresas tecnolóxicas colaboradoras ou o Centro GaiásTech da AMTEGA. A través de Tecnólog@ por un día rapaces e rapazas de 12 a 17 anos “poden achegaranse a proxectos reais das empresas tecnolóxicas, entrar en contacto coas profesións dixitais e resolver as súas inquedanzas sobre as profesións STEAM”, engade a axencia autonómica.
O formulario de inscrición está dispoñible no espazo de Tecnólog@ por un día na web DigiTalent. Neste espazo, ademais, docentes, alumnado e profesionais das entidades colaboradoras poden atopar toda a documentación de referencia sobre esta actividade para consulta e descarga, así como as instrucións para participar e a listaxe de prazas ás que o alumnado poderá optar segundo a súa preferencia, grupo de idade ou localización.
Tras a finalización do período de inscrición, celebrarase un sorteo público para a asignación das prazas e a listaxe de reservas. A partir do 11 de abril, docentes e empresas recibirán no seu enderezo electrónico as comunicacións co resultado do sorteo e os pasos a seguir.
Desde este momento, as empresas colaboradoras: Altia, Dos Espacios, DXC Technology, NTT Data, Quobis, Televés, Vodafone e a propia AMTEGA, comezarán a contactar co alumnado para fixar a data e o horario das visitas nas que os rapaces e rapazas poderán participar en tarefas propias da xornada laboral, como formar parte das reunións de equipo, das comidas de traballo ou facer visitas aos clientes.
Programa Mentoring FP
Ademais, ata o 16 de marzo estará aberta a convocatoria de Mentoring FP 2022-2023, unha iniciativa froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ao abeiro do programa Eduemprende e do Plan DigiTalent 2030.
O obxectivo do Programa é “titorizar e acompañar ao alumando de Formación Profesional dos ciclos de grao superior e de cursos de especialización para identificar saídas profesionais adaptadas ao perfil de cada estudante e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como a posta en marcha dun proxecto emprendedor”.
O programa conta con 18 prazas que permitirán ao alumnado participante seguir un plan de mentoring personalizado e definido polo persoal experto que asumirá o rol de mentor dos alumnos en cada unha das grandes empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa: Altia, DXC Technology, Inetum e NTT Data.
Todos os detalles destas e doutras actuacións dirixidas á infancia e adolescencia, así como as instrucións para participar atópanse en constante actualización na web DigiTalent.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?