Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN expón os instrumentos autonómicos para innovar no sector primario e visualiza casos de éxito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN expón os instrumentos autonómicos para innovar no sector primario e visualiza casos de éxito

S. P.
Publicado: 08/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

argerey_networkings_galicia_empresa.jpgNa mañá deste mércores 8 de marzo celebrouse a xornada A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade, na que se falou das liñas de apoio á innovación nas empresas deste sector mobilizadas polas distintas consellerías a través do primeiro Mapa conxunto de apoio á I+D+i 2023 de Galicia. Estiveron presentes a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, e representantes das consellerías do Mar e de Medio Rural. Tamén asistiron ao encontro as empresas Panadería Da Cunha, Foresin, Seguridad Alimentaria del Noroeste e Marexi como casos de éxito de innovación neste sector.
A xornada encadrouse nun ciclo de sesións nas que se está a presentar o Mapa de apoios á I+D+i da Xunta de Galicia. O obxectivo destes encontros é “romper o teito de cristal para as pequenas e medianas empresas e profesionais autónomos”, así como achegar a innovación a aqueles sectores máis maduros, sinalou Argerey.
Este mapa, resultado do traballo da Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta e estruturado en base ás prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, inclúe 38 instrumentos de apoio e prevé mobilizar preto de 400 millóns de euros ao longo de 2023.
gain_argerey_networkings.jpg Neste senso, Argerey apuntou que a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3) mantén a modernización dos sectores primarios galegos e do turismo a través da innovación como un dos tres retos estratéxicos da política de I+D+i para este período. Trátase da valorización dos recursos do mar, do campo, do monte o do turismo a través da mellora da competitividade dos usos actuais e da procura doutros usos alternativos de alto valor engadido.
Entre as liñas de apoio presentadas atópase o programa de Bonos de Innovación, aberto á presentación de solicitudes ata o vindeiro 10 de abril. Nesta edición conta cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar máis dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e PEME.
Engadir que a xornada do 8-M, que se enmarca no ciclo de Networkings Galicia Empresa, está organizada pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través de GAIN, e terá continuidade noutros encontros sectoriais centrados noutros ámbitos. Os eventos sectoriais celebraranse na sede da Axencia Galega de Innovación e online nas seguintes datas: 16 de marzo, O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial; e o 22 de marzo, O futuro da minaría, a enerxía e a construción sustentable a través da innovación. Asemade, o vindeiro luns 13 de marzo, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), celebrarase de xeito presencial e en liña unha xornada informativa para presentar a nova convocatoria de Bonos de Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?