Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteceso inaugura a súa Biblioteca Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteceso inaugura a súa Biblioteca Dixital

S. P.
Publicado: 09/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ponteceso_biblioteca_dixital.jpgA subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, acompañada polo alcalde Xosé Lois García, participou este martes 7 de marzo na presentación da Biblioteca Dixital de Ponteceso, que contou coa presenza dos irmáns Bolechas. Grazas á plataforma eBiblio do Ministerio de Cultura, desde a xornada deste martes a Biblioteca Dixital de Ponteceso terá acceso a 8.000 ebooks, 6.000 para público adultos, 2.000 para público infantil e 162 revistas, que tanto as usuarias como os usuarios poderán descargarse de maneira gratuíta en calquera dispositivo móbil.
María Rivas subliñou que “coa plataforma eBiblio, o Goberno ten como obxectivo dotar de igualdade de oportunidades e acceso á cultura a toda a cidadanía con independencia do lugar no que viva, ademais de reducir a fenda dixital”.
Durante a presentación, María Rivas deu os parabén ao Concello por aproveitar os recursos que o Goberno pon ao dispor de toda a rede de bibliotecas públicas españolas.
María Rivas fixo fincapé en que “programas como eBiblio forman parte da aposta do Gobierno de España e da colaboración con todos os municipios sobre todo cos municipios máis pequenos para facer reto á fronte demográfico e á loita contra o despoboamento, fomentando a cohesión territorial”.
Milleiros de libros e revistas
A plataforma dá acceso directo a milleiros de libros e revistas en castelán e algúns títulos en galego. Segundo se explicou na presentación, calquera neno ou nena que traia unha tableta ou libro electrónico poderá marchar con ata sete libros infantís e xuvenís emprestados no seu dispositivo, así como revistas actuais e anteriores na hemeroteca.
“Imos prestar un libro electrónico ás persoas vulnerables que non poidan acceder a mercar o seu propio dispositivo. Todas as persoas van ter acceso á lectura en dixital, e dende o Concello imos impulsar o acceso universal”, indicou o alcalde, Xosé Lois García. Entre os títulos que se poderán levar prestados este martes nos dispositivos electrónicos están estes once títulos dos Bolechas:
• Os hábitats
• Os deportes
• Florencio Delgado Gurriarán.
• Xela Arias
• Castelao
• Os Bolechas coidan as mascotas da vecina.
• Ramón Otero Pedraio.
• Rosalía de Castro.
• A música.
• Os Bolechas van nunha nave espacial.
• Como nacemos.
Autor: Pepe Carreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?