Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 2.400 pemes da provincia de Lugo recibiron máis de 9 millóns a través do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 2.400 pemes da provincia de Lugo recibiron máis de 9 millóns a través do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 09/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_red.es_jose_tome_monforte_alberto_martinez.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e Alberto Martínez, director xeral de Red.es, presidiron este mércores 8 de marzo, no Consistorio de Monforte, un encontro para informar ao empresariado da Ribeira Sacra dos avances e do impacto que está tendo na provincia a liña de axudas do Kit Dixital e o programa Acelera PEME. Uns proxectos, que tal e como subliñou o mandatario provincial, impulsa o Goberno do Estado “para fortalecer e facer máis competitivo o tecido empresarial do noso país a través da transformación dixital”.
Tamén participaron na xuntanza, xunto cunha trintena de empresarios da contorna, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; a primeira tenente de alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada; e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos do Concello de Monforte de Lemos, José Luis Losada.
Tomé Roca sinalou que as pequenas e as medianas empresas, as microempresas e as persoas autónomas ás que se dirixen o Kit Dixital e o programa Acelera PEME “conforman a columna vertebral do emprego do noso concello e da nosa provincia e, polo seu menor tamaño, teñen máis dificultades á hora de modernizarse ou incorporar novas tecnoloxías”.
Entre as accións prioritarias do Goberno da Deputación, o presidente destacou “o apoio ao tecido produtivo da nosa provincia”, algo que “xunto aos servizos públicos de calidade, é un factor esencial para fixar poboación no noso rural”. No marco dese compromiso co tecido produtivo, puxo o foco na incorporación da entidade provincial ao Acelera PEME, dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es e o 20% (100.000€) da propia institución provincial. “Levamos desde final de ano despregando esta iniciativa de asesoramento e soporte gratuíto ás pequenas e medianas empresas en materia de transformación dixital, cuns bos resultados ata o momento, pois xa contactamos cunhas 250 empresas”. A institución provincial xa ten despregadas oficinas para prestar asesoramento e acompañamento gratuíto aos negocios nos concellos de Viveiro, Lugo e A Fonsagrada e traballa para completar a rede nos municipios de Láncara, Monforte e Vilalba. Grazas ao Acelera PEME, a Deputación manterá durante dous anos, ata o 2024, esta rede de oficinas, que contará con 7 traballadores e traballadoras.
Neste programa, dixo, poden participar todas as empresas que estean interesadas, co único requisito de ter sede física nalgúns dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, é dicir, todos menos o da capital, que dispón doutras iniciativas e recursos para ofrecer este tipo de servizos. O presidente salientou “a proximidade e a capacidade de atención presencial” que se ofrece a través desta iniciativa, “un apoio para garantir a eficacia de esta ambiciosa acción de transformación do tecido empresarial”.
Kit Dixital
Sobre o Kit Dixital sinalou que está a ter un “gran impacto” na provincia. De feito, 2.400 pequenas e medianas empresas lucenses recibiron xa máis de 9M€ do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través desta liña de axudas. “Estou seguro de que seguirá dando froitos no concello de Monforte e no conxunto da provincia de Lugo”, valorou.
Para o programa Kit Dixital, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital destina un orzamento de 3.067 millóns de euros dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para dixitalizar a preto dun millón de pequenas e medianas empresas e persoas autónomas en todo o territorio nacional os próximos tres anos. Estas subvencións do Goberno teñen como finalidade “avanzar na dixitalización de áreas clave como presencia na Internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade”, lembrou.
As axudas poden solicitarse ata decembro do ano 2024. Están abertas tres convocatorias: a liña dirixida a empresas de entre 10 e 49 empregados, que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o 15 de marzo de 2023; para as empresas de 3 a 9 empregados o prazo está aberto ata o 2 de setembro con axudas de 6.000 euros; e os negocios de menos de tres empregados e autónomos poden solicitar 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?