Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo GRISAMP (USC) prepara un videoxogo, unha plataforma e un app de envellecemento activo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo GRISAMP (USC) prepara un videoxogo, unha plataforma e un app de envellecemento activo

S. P.
Publicado: 09/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Persoa maior empregando un dispositivo móbil nunha imaxe de Santi Alvite
Persoa maior empregando un dispositivo móbil nunha imaxe de Santi Alvite
O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da USC compartiu novos detalles sobre o seu proxecto TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores. A día de hoxe, o grupo está avaliando a eficacia que pode acadar no ámbito do envellecemento activo un videoxogo en liña, unha plataforma virtual e a súa correspondente aplicación para dispositivos móbiles.
Búscanse persoas voluntarias
Ao abeiro deste proxecto, o equipo do estudo GAME_PROAGING, coordinado por Fernando Lino Vázquez, busca persoas interesadas en participar no proxecto de balde e que teñan polo menos 45 anos, residan en Galicia, e dispoñan dos dispositivos adecuados para realizar os programas: computador e dispositivo smartphone con conexión a Internet. Segundo indican, nesta fase do proxecto, o grupo precisa da participación de persoas que, segundo as súas necesidades clínicas, serían asignadas a unha intervención cognitivo-condutual administrada a través dun videoxogo serio (serious game) multimedia interactivo en liña, cunha aplicación complementaria ou un programa, tamén en liña, sobre o avellentamento activo. As persoas que teñan interese en participar proporcionarán os seus datos de contacto (nome e apelidos, número de teléfono, correo electrónico) enviando un correo electrónico a gamapea.envejecimientoactivo@gmail.com.
Recoñecemento
Por certo que este proxecto da USC acaba de ser recoñecido pola Comisión de Recoñecementos da Conferencia Mundial de Educación A Educación e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Horizonte 2030 que se desenvolveu en Santiago de Compostela, do 16 ao 18 de febreiro de 2023. A investigación de GRISAMP recibiu un accésit no marco do premio Iacobus de Educación, na categoría Investigación e Innovación na área educativa de universidades e centros de investigación.
Aventura gráfica no Camiño Francés
O tipo de videoxogo desenvolvido conforma unha aventura gráfica baseada no Camiño de Santiago francés que se centra nun personaxe protagonista (Jacobo) e integra o xogador/a nunha narrativa da que xorden interaccións con personaxes, elementos da contorna e crebacabezas, co obxectivo de adquirir ferramentas psicolóxicas e adestrar a súa capacidade cognitiva.
A intervención abrangue oito módulos de 60 minutos de duración cada un, a razón dun por semana, con tarefas entre sesións para practicar as habilidades adestradas na súa vida real. O proxecto de investigación focaliza tres áreas: prevención da depresión, estimulación cognitiva e hábitos de vida saudable. O primeiro dos módulos presenta información sobre os síntomas depresivos e a necesidade do seu afrontamento activo, comezando pola auto-observación e rexistro do estado de ánimo e ensinando unha técnica de control da activación, a respiración diafragmática profunda.
Os dous seguintes están orientados á activación condutual, mentres que do terceiro ao quinto se introduce psico-educación sobre os hábitos de vida saudables (sono, actividade física e alimentación), así como estratexias para desenvolvelos. Nos módulos sexto e sétimo adéstrase os participantes na identificación de pensamentos negativos e a cambialos por outros máis racionais e positivos. O último diríxese a fomentar a autoestima e a prevención de recaídas. A estimulación cognitiva e o adestramento en habilidades sociais son contidos transversais ao longo de todos os módulos do videoxogo.
Oito semanas
A aplicación asociada ao xogo compleméntao, estando sincronizada con el, e permite ao usuario repasar o aprendido, revisar os progresos, consultar as etapas do Camiño, ou rexistrar as tarefas entre sesións, entre outras funcións. A duración do programa é de oito semanas, con avaliacións antes e despois do mesmo e aos 3, 6 e 12 meses logo da súa finalización. “Dado que o programa adminístrase de xeito telemático, as persoas participantes poden realizalo comodamente dende o seu domicilio e no momento do día máis adecuado para eles”, informou o grupo da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?