Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enxeñaría Aeronáutica (Campus de Ourense) convoca o concurso de fotografía AeroVision 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enxeñaría Aeronáutica (Campus de Ourense) convoca o concurso de fotografía AeroVision 2023

S. P.
Publicado: 09/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_aerovision.jpgCo gallo do Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica (12 de abril), na que se conmemora o comezo da era espacial, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense convoca o concurso de fotografía AeroVision 2023, no que se premiarán as mellores imaxes do ámbito aeronáutico e aeroespacial.
A iniciativa ten como obxectivo “recoñecer e difundir o papel da ciencia e a tecnoloxía espacial no desenvolvemento da sociedade”. As imaxes a presentar teñen que ser orixinais e deberán amosar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas co ámbito aeronáutico e/ou aeroespacial. As obras gañadoras serán elixidas por un xurado formado por representantes do sector aeronáutico e/ou aeroespacial e da fotografía e unha persoa do equipo directivo da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de Ourense. As fotografías gañadoras exporanse temporalmente en instalacións do Campus de Ourense xunto coas do resto de participantes.
A entrega de premios e o acto de inauguración da exposición temporal das fotografías terá lugar o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, o 12 de abril de 2023.
Os premios do concurso son tres. O primeiro premio estará dotado cun dron, o segundo cun telescopio e o terceiro cuns prismáticos. As fotografías presentadas ao concurso pasarán a ser propiedade exclusiva da escola organizadora, non podendo ser utilizadas polo autor ou autora noutros concursos ou publicacións e podendo a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo facer o uso que considere oportuno das mesmas, facendo referencia á súa autoría. A data límite de recepción de fotos, cuxo envío se realizará vía electrónica coas características indicadas pola organización nas bases do certame, é o 26 de marzo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?