Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 5.300 axudas de Kit Dixital xa foron concedidas na provincia da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 5.300 axudas de Kit Dixital xa foron concedidas na provincia da Coruña

S. P.
Publicado: 09/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_coruna_kit_dixital_minones.jpgNa mañá deste mércores 8 de marzo celebrouse unha reunión entre o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro; os directores xenerais de Cámara de Comercio de España, Inmaculada Rise, e de Red.es, Alberto Martínez Lacambra; e co delegado do Gobierno en Galicia, José Manuel Miñones, para abordar os retos do programa Kit Dixital na Coruña e a súa área de influencia. Segundo se fixo saber, máis de 5.300 axudas deste programa xa foron concedidas na provincia.
Antonio Couceiro destacou que “a Cámara entendeu sempre a importancia da dixitalización das empresas e, máis aínda, tras estes últimos anos. Xa non se cuestiona a súa importancia, agora estamos xa no punto de ir máis aló, as bases están consolidadas e agora é tempo de avanzar, de progresar, para que as nosas empresas sexan máis competitivas nun mercado que, cada vez, é máis global”.
Pola súa banda, a directora xeral da Cámara de España, Inmaculada Rise, resaltou a oportunidade que representan os fondos Next Generation: “O proxecto Kit Dixital pode permitirnos lograr unha transformación sen precedente na dixitalización do noso tecido produtivo. Ao mesmo tempo, os fondos Next Generation representan unha gran responsabilidade para todos, tamén para a Cámara de España e para a rede de Cámaras de Comercio, institucións cun firme compromiso coa mellora da competitividade das nosas empresas, especialmente coas pemes e os autónomos.”
O director xeral de Red.es, Alberto Martínez Lacambra, destacou que “había dous grandes retos, conseguir unha alta capilaridade e que as empresas pequenas pedisen a subvención cun trámite sinxelo. A nivel nacional son 180.000 axudas concedidas. Isto é grazas á colaboración que tivemos de asociacións empresariais, cámaras de comercio, delegacións de goberno, etcétera. Entre todos temos que facer chegar a mensaxe da oportunidade e da importancia que supón a dixitalización para as nosas pemes. En canto á tramitación das axudas, temos un sistema fácil, e estanse respondendo as peticións nun prazo de quince días. Por tanto, animo a todas as pemes que aínda non o solicitaran a facelo”.
Ampliación do prazo ata final de 2024
Kit Dixital é un programa de axudas do Goberno de España, xestionado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que ten como obxectivo promover a dixitalización de pequenas empresas, micropemes e persoas autónomas, e contribuír a modernizar o tecido produtivo español. Deste xeito, trata de axudar a que as empresas poidan ter máis presenza na Internet, que melloren a xestión das súas redes sociais, a actividade de comercio electrónico ou a xestión de procesos, entre outros.
O Goberno acaba de anunciar a ampliación do prazo ata finais de 2024 para que as pequenas empresas e os traballadores autónomos poidan solicitar a axuda do programa Kit Dixital. As axudas para empresas de entre 10 e menos de 50 empregados son de 12.000 euros; para as empresas que teñan entre 3 e menos de 10 empregados o bono dixital é de 6.000 euros e para as que teñan entre 0 e menos de 3 empregados, de 2.000 euros.
Oficina Acelera PEME
As empresas interesadas en ampliar información poden dirixirse a Oficina Acelera PEME da Cámara da Coruña, que conta, ademais, cun servizo de asesoramento e acompañamento para a posta en marcha de procesos dixitais e da impartición de obradoiros formativos online. A Cámara axuda así mesmo ás empresas para atopar as liñas de financiamento máis adecuadas para acelerar a implementación do seu plan de dixitalización. A Oficina atende, de forma gratuíta e personalizada, a pequenas e medianas empresas, micropemes, autónomos e emprendedores da área interesadas en comezar ou en avanzar nos seus procesos de dixitalización, pero tamén axuda a pemes provedoras de tecnoloxía a introducir os seus produtos e solucións no mercado.
Os interesados en ampliar información poden acudir á Oficina Acelera PEME, situada na sede da Cámara da Coruña. Tamén poden contactar a través do 981 216 072 ou ben escribindo a oap@camaracoruna.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?