Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca, Red.es e ANFACO-CECOPESCA impulsan a dixitalización das nosas empresas do mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca, Red.es e ANFACO-CECOPESCA impulsan a dixitalización das nosas empresas do mar

S. P.
Publicado: 09/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

zona_franca_red.es.jpgO Consorcio da Zona Franca de Vigo propiciou unha reunión entre Red.es e a xunta directiva de ANFACO-CECOPESCA co obxectivo de atopar vías para impulsar a dixitalización do sector mar-industria. Ao encontro co director xeneral de Red.es, Alberto Martínez Lacambra, asistiron o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; o delegado do Gobierno, José Miñones; a subdelegada do Gobierno, Maica Larriba, así como o presidente de ANFACO-CECOPESCA e director xeneral de Conservas Antonio Alonso, Iván Alonso; o secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Roberto Alonso; e outros empresarios do sector e membros da xunta directiva: Albelo, CONNORSA, FRINSA, ACTEMSA, e Conservas Antonio Pérez Lafuente.
Contexto da xuntanza
Segundo reflectiron os representantes das ditas entidades e lembrou Regades, o complexo mar-industria, representado por ANFACO-CECOPESCA, estivo traballando cos ministerios de Industria, Comercio e Turismo, así como de Agricultura, Pesca e Alimentación para que a Comisión Europea acepte un PERTE Mar-Industria con investimentos en dúas áreas clave: dixitalización e sustentabilidade (por un importe para mobilizar de ata 400 millóns de euros). Na xuntanza deste xoves a organización expuxo ao director xeneral de Red.es o proxecto e o seu avance. O delegado da Zona Franca, David Regades, explicou que “estamos moi implicados na dixitalización e de feito Red.es xa realizou varias presentacións na nosa sede en Vigo dirixidas a diferentes sectores. Neste caso trátase dun dos sectores básicos da economía galega que queren modernizarse para medrar en competitividade e queremos apoiar o seu proxecto”.
O secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Roberto Alonso, sinalou que “existe un liderado indiscutible do complexo mar-industria español que desexamos manter e para o que son necesarios investimentos que nos/nos permitan adaptarnos aos retos de transición dixital en beneficio da competitividade industrial e o emprego de calidade. Temos que seguir esforzándonos en novas vías de colaboración público-privada que, no noso caso, poderían ascender a mobilizar ata 400 millóns de euros de darse as condicións oportunas. Unha oportunidade que debemos aproveitar e que necesita da máxima eficiencia para impulsar o momento”.
zona_franca_red.es_2.jpgPola súa banda, o director xeneral de Red.es, Alberto Martínez Lacambra, subliñou que a entidade que dirixe, como “impulsora da transformación dixital do país”, está “á beira das empresas galegas neste proceso”. Así, referiuse a programas estatais como Kit Dixital, que deixou ata o momento “en Galicia máis de 65 millóns de euros de fondos do Plan de Recuperación e preto de 950 millóns en toda España, o que demostra que as pemes españolas son conscientes da necesidade de dixitalizárense”. Nese sentido, referiuse á addenda que se está negociando con Europa e que permitiría que as medianas empresas de entre 50 e menos de 250 empregados optasen ás axudas que ofrece este programa. Martínez Lacambra, aproveitou a reunión para poñer en valor outros programas de rRde.es, como os relacionados coa Intelixencia artificial e posibles convocatorias futuras.
O delegado do Gobierno en Galicia, José Miñones, destacou que “o Plan de Recuperación do Gobierno xa chega a Galicia e a Pontevedra, coa dixitalización como un dos piares básicos para o impulso das nosas empresas e sectores estratéxicos”. O delegado trasladou que o tecido económico galego pode contar co Goberno como “un dos principais aliados das empresas” e animou a ir “da man” para aproveitar “a oportunidade histórica do Plan de Recuperación” e “non perder nin un só euro para Galicia”.
Visita a Galicia de Red.es e 24 millóns de euros de Kit Dixital na provincia de Pontevedra
O director xeneral de Red.es realizou unha visita de dous días a Galicia para comprobar a marcha do programa Kit Dixital, dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros e financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobierno de España a través dos fondos europeos Next Generation EU. Ten como obxectivo transformar pequenas empresas, microempresas e autónomos de todos os sectores en todo o territorio nacional. Nestes momentos, recordou o director xeral, “en Galicia concedéronse ao redor de 14.000 bonos dixitais, o que supón máis de 65 millóns de euros dos fondos europeos xa chegaron ás pemes da Comunidade para implementar solucións básicas de dixitalización”. Na provincia de Pontevedra, ata o momento, concedéronse 5.000 bonos dixitais, o que supón que ao redor de 24 millóns de euros dos fondos europeos xa chegaron ás pemes pontevedresas para impulsar a innovación dos seus negocios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?