Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME móstranos como mellorar as nosas comunicacións en liña e o noso traballo de mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME móstranos como mellorar as nosas comunicacións en liña e o noso traballo de mercadotecnia

S. P.
Publicado: 13/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través da rede de capacitación tecnolóxica SmartPEME, ofrece esta semana do 13 ao 17 de marzo seis novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros en liña. As accións tratarán temas como a suplantación de identidade, o acoso por razón de xénero na empresa, a creación de campañas de mercadotecnia por correo electrónico, a posta en marcha de blogs, a emisión de eventos en liña e o funcionamento de WhatsApp Business.
Os obradoiros darán comezo este luns 13 de marzo ás 10.00 da maña. Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de impartir a formación Ciberseguridade, Ramsonware e suplantación de identidade, a través da cal explicarase en que consiste este ciberataque que está crecendo en popularidade e adopta múltiples formas.
O martes 14, en horario de tarde e vía Zoom, será a quenda da acción Xestión do acoso por razón de xénero na empresa, centrada na importancia de elaborar un protocolo de acoso e cales son as obrigas empresariais ao respecto. Neste obradoiro, a cargo da graduada en Relacións Laborais e Recursos humanos pola Universidade de Vigo, María José Márquez, proporcionaranse os coñecementos necesarios para identificar os tipos de acoso existentes.
O mércores haberá dobre sesión. Na queda da mañá, as 12.00 horas, Fátima Faílde licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, achegará o obradoiro Crea unha campaña de e-mail márketing con MailChimp, para dar a coñecer esta ferramenta gratuíta a través dun percorrido sinxelo polas súas seccións e aprender a crear listas de bases de datos, deseñar formularios e redactar boletíns.
Na quenda da tarde, ás 17.00 horas, celebrarase o curso Como crear o teu blog turístico no que Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo, contará os beneficios desta ferramenta, dando a coñecer o proceso de creación dun blog desde cero, ideas para os posts e aspectos a ter en conta para escribir nel.
O remate de semana tamén contará con dous obradoiros. O xoves 16 ás 11 da mañá, Manuel Freire volverá a impartir unha formación, neste caso Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional ll, no que explicará como mellorar os eventos en liña que se levan a cabo cos clientes e a difusión de contido. Finalmente pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase Así funciona WhatsApp Business, impartido polo enxeñeiro informático José Luís Taboada, que dará a coñecer esta ferramenta coa que as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?