Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae capacítanos en abril nas funcionalidades de Microsoft Power Automate
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae capacítanos en abril nas funcionalidades de Microsoft Power Automate

S. P.
Publicado: 15/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

power_automate_microsoft-2.jpgVitae Consultores, a través do formato de aula virtual, vai organizar esta primavera a segunda edición dunha actividade formativa moi indicada para os profesionais que queiran mellorar o seu traballo diario, as empresas que desexen optimizar a súa xestión e os desenvolvedores de programas e ferramentas que busquen avanzar en excelencia, en axilidade e en sinxeleza. Trátase do curso Microsoft Power Automate, 2ª edición, de 18 horas de contidos, que se celebra os días 17, 19, 20, 24, 26 e 27 de abril.
Segundo explican dende Vitae, Power Automate é unha plataforma de código baixo única, que abrangue tanto a Office 365, como o paquete Dynamics 365, como o Azure como aplicacións de tipo independente.
Neste curso en cuestión afondarase nas posibilidades da plataforma de Microsoft, un servizo que permite a automatización integral do noso día a día profesional e serve como un compoñente crucial da Power Platform. Ademais, está deseñada para un emprego sinxelo e cómodo entre usuarios empresariais ou departamentais, e entre a crecente comunidade de desenvolvedores do mundo. Tamén ofrece a funcionalidade necesaria para programadores experimentados.
Power Automate, salienta Viate, está deseñada para admitir e satisfacer as necesidades dos equipos e administradores de TI modernos, automatizando funcións de Tecnoloxías da Información cotiás ata proporcionar seguridade, cumprimento e control sobre o uso e sobre a execución de Power Automate en todo o ecosistema de TI.
“Power Automate pódese empregar para a realización de tarefas sinxelas, como a entrega programada de correos electrónicos, ou para integrarse sen problemas con aplicacións empresariais, e tamén para mellorar e automatizar procesos que son complexos para os administradores de TI”.
Os obxectivos do curso pasan polo seguinte: “Aprender as capacidades de automatización de tarefas que ofrece Power Automate (antigo Flow) dentro dos ecosistemas de Microsoft, dende os conceptos básicos ata aspectos máis avanzados”.
O formador encargado de impartir estes contidos será David Bodero, consultor en tecnoloxía e desenvolvedor informático, con sete anos en postos de responsabilidade como xestor empresarial. Ten experiencia internacional de tres anos e de cinco na supervisión e dirección de equipos multiculturais de ata 30 persoas. É un adestrador experimentado en contornas presenciais e telepresenciais, conta con máis de 1.500 horas impartidas, sobre todo en cursos relacionados con ferramentas de produtividade (Microsoft Office), sistemas e programación. Entre as empresas que formou ou asesorou atópanse ASIME, La Voz de Galicia, PSA Citroen, Plexus, Softek, Vector ou CLUN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?