Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará cunha regulación da investigación pública pioneira en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará cunha regulación da investigación pública pioneira en España

S. P.
Publicado: 15/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

patrica_argerey_gain_230315_innovacion_001x.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu este 15 de marzo ante a Comisión 6ª do Parlamento de Galicia para informar sobre o proxecto de decreto que regulará o estatuto do persoal de investigación na Administración autonómica e nas súas entidades. Segundo Argerey, trátase “dun estatuto pioneiro no ámbito estatal, xa que non existe ningunha outra Comunidade que regule a carreira investigadora nos centros públicos”. Tan só as Illas Baleares e Valencia posúen unha normativa que regula a carreira investigadora no ámbito exclusivo da sanidade, explicou. A futura norma pecha este 15 de marzo o seu prazo de exposición pública a través do Portal de Transparencia.
A directora da Axencia Galega de Innovación informou de “que a futura norma ofrece un marco profesional estable e atractivo garantindo a estabilidade laboral deste persoal, definindo unha senda de desenvolvemento profesional e mellorando e homoxeneizando as condicións laborais”. Ademais, dixo, “impulsa a actividade investigadora en Galicia ao fixar o marco para as contratacións futuras a través dun sistema que busca a excelencia”.
Este proxecto de decreto “responde ás demandas do colectivo de persoal investigador e dá cumprimento aos acordos unánimes do Parlamento de Galicia sobre o impulso da carreira investigadora”, sinalou, engadindo que para este obxectivo tira proveito “da oportunidade que abre a reforma da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación -que establece a necesaria estabilización pero non crea unha carreira- para regular desde o eido autonómico aspectos moi relevantes do réxime do persoal investigador que facilitarán a captación, retención e atracción de talento”.
Argerey tamén fixo saber que no seu proceso de redacción o proxecto de decreto foi analizado con todos os colectivos afectados co obxectivo de recoller as características e singularidades de todos os centros e ámbitos sectoriais e acadar o máximo consenso ao redor da norma. “Así mesmo”, sinalou, “analizouse a futura norma con investigadores de referencia, colectivos representativos e organizacións sindicais”.
Agora, GAIN analizará as achegas recibidas durante o prazo de exposición pública para valorar a oportunidade de incorporalas ao texto e continuará cos trámites administrativos requiridos. Finalmente, elevarase para a súa aprobación no Consello da Xunta e entrará en vigor tras a súa publicación no DOG esta primavera.
Argerey engadiu que “este completo modelo de carreira investigadora, ademais de permitir a mellora das condicións do persoal de investigación e do persoal técnico, fortalecerá a investigación que se realiza nos centros públicos de I+D posibilitando consolidar as capacidades de Galicia en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a saúde, as ciencias mariñas ou o agrogandeiro, entre outros”. Ademais, explicou, “facilitará a mobilidade do persoal fomentando así a súa formación, a colaboración entre o tecido investigador e o tecido empresarial e o desenvolvemento de actividades empresariais por parte do persoal de investigación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?