Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Colle pulo na provincia de Pontevedra un novo programa de coworking multisede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Colle pulo na provincia de Pontevedra un novo programa de coworking multisede

S. P.
Publicado: 16/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador_portatil-3.jpgA Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI asinaron un convenio, por valor de 150.000 €, para a posta en marcha do que sería, en palabras das dúas entidades, “o primeiro programa de coworking nun espazo de traballo colaborativo multisede”. O proxecto, que se estenderá entre o 12 de abril e o 30 de xuño, terá lugar en tres localidades distintas: en Vigo (sede da Deputación), Tui e Silleda, e estará aberto a entre 12 e 22 proxectos emprendedores. O prazo para participar abrirase este luns, 20 de marzo, e a inscrición poderá formalizarse a través da web da Fundación EOI.
O novo coworking está orientado a persoas emprendedoras innovadoras con proxectos empresariais na fase temperá de desenvolvemento ou emprendedoras que teñan creado a súa empresa recentemente (máximo 6 meses antes de inscribirse no programa) na provincia. Os proxectos, integrados por un mínimo de 1 e un máximo de 3 persoas, serán seleccionados atendendo “á iniciativa emprendedora, á motivación e compromiso co programa e ao desexo de mellorar as súas capacidades e habilidades para poñer en marcha o proxecto empresarial”.
Todas as persoas participantes recibirán unha formación orientada á creación de empresas en sectores con potencial de crecemento e xeración de emprego e beneficiaranse dun proceso de mentorización nas tres sedes do programa. Ademais, no desenvolvemento das actuacións terase en conta a transversalidade do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A formación será obrigatoria e práctica, a través de obradoiros e de sesións formativas grupais, que afondarán en conceptos como a estratexia e o ecosistema emprendedor, os modelos de negocio (validación e monetización), o deseño de equipos, finanzas e financiamento, metodoloxía crowdfunding, xestión empresarial e vendas e, tamén, habilidades de comunicación.
No caso dos obradoiros, que poden abrirse ao público en xeral, o seu obxectivo principal é axudar ás persoas emprendedoras a validar o seu modelo de negocio e a capacitar ás persoas emprendedoras en habilidades e ferramentas imprescindibles para poñer en marcha un proxecto. En canto ás sesións formativas grupais, dirixidas ás persoas beneficiarias do coworking, tratarán contidos específicos para as necesidades detectadas nos proxectos emprendedores.
Pola súa banda tamén haberá sesións de mentoring individual dos proxectos emprendedores. A súa finalidade é acompañar cada proxecto no deseño do seu modelo de negocio e axudar ás persoas emprendedoras a resolver necesidades xerais e específicas. Ademais, ao longo do proceso de coworking, desenvolveranse diferentes eventos co obxectivo de favorecer o traballo en rede entre as persoas emprendedoras e demais axentes do ecosistema emprendedor, integrándoas coas actividades da comunidade de persoas emprendedoras. E, nas últimas semanas do coworking, realizarase un Demoday no que se presentarán os proxectos e o alcance dos mesmos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?