Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DATAlife e Raiola impulsan un proxecto de dixitalización para mellorar o benestar das persoas maiores en residencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DATAlife e Raiola impulsan un proxecto de dixitalización para mellorar o benestar das persoas maiores en residencias

S. P.
Publicado: 16/03/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

A directora do centro de Raiola Residencial en San Marcos e o seu equipo profesional
A directora do centro de Raiola Residencial en San Marcos e o seu equipo profesional
O hub galego DATAlife mobilizou un proxecto de dixitalización liderado por Raiola Residencial e subvencionado polo IGAPE (liña Industria 4.0) para mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores en residencias de Raiola. Trátase da iniciativa +MANS 4.0, baseada na tecnoloxía dos obxectivos conectados (Internet das Cousas, IoT) e financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa FEDER Galician 2014-2020. O alicerce do proxecto, o seu cometido base, é recoller datos da actividade dos centros e propoñer melloras na xestión do traballo.
Raiola
Raiola SAPM S.L. é unha empresa de recente creación que xestiona aloxamentos para persoas maiores en Galicia, concretamente nos concellos de Santiago de Compostela, Sada e Oleiros, baixo un modelo de servizos orientado ao benestar dos residentes. Raiola aposta por unha xestión baseada na innovación e traballa a partir dun modelo centrado na persoa, con atención individualizada e de calidade que pretende mellorar o enfoque da residencia tradicional e a experiencia que viven os usuarios.
+MANS 4.0, participantes
O proxecto +MANS 4.0 consiste na implantación dun sistema de mellora para a atención de persoas mediante tecnoloxías conectadas. No proxecto, ademais de Raiola, participan as firmas Anta Norte S.L. e ANM Soluciones Tecnológicas S.L.
Anta Norte S.L., con sede no concello de Vedra, é unha firma de enxeñaría con clasificación Empresa Innovadora de Base Tecnolóxico (EIBT) que ten unha forte vocación pola I+D+i e desenvolve produtos propios e para terceiros. Céntrase nas necesidades marcadas pola RIS3, estratexia global para Galicia para mellora da competitividade, o medre económico e o emprego sustentable e de calidade a través da innovación.
Pola súa banda, ANM Soluciones Tecnológicas S.L. é unha empresa de desenvolvemento e automatización de ferramentas software, con sede no concello da Coruña, céntrase de xeito específico no sector socio-sanitario e pertence ao grupo Servicio Móvil.
O miolo do proxecto
O sistema pretende dar solución a unha serie de cuestións propostas no día a día do sector socio-sanitario. Por unha banda, recolle e xestión dos datos obtidos neste tipo de centros para maiores. A ferramenta, que rexistrará a actividade dos traballadores e usuarios, está baseada en módulos vinculados a tarefas concretas que permitirán establecer un proceso de mellora continua e terá unha gran capacidade de adaptación aos cambios.
Por outra banda, contará cunha novidade no sistema “paciente-enfermeira”, que evita os sistemas tradicionais de pantalla/dispositivo no interior das habitacións dos residentes. “Isto”, explican dende DATAlife, “permitirá realizar transaccións a través de dispositivos móbiles fóra da sala, e que o persoal xestione as súas funcións no exterior da habitación da persoa usuaria”. A implantación e posta en marcha da ferramenta, que será a curto prazo, “redundará nun servizo de mellor calidade para os residentes”, sinalan fontes do hub galego.
O proxecto +MANS 4.0 pretende, entre os seus obxectivos, integrar os distintos elementos físicos e virtuais nunha única solución, favorecendo a interoperabilidade dos mesmos. Esta innovadora ferramenta poderase trasladar e adaptar a outro tipo de residencias moi diferentes entre si.
Os proxectos financiados con estas liñas de axuda do IGAPE, en liña coa estratexia de Hubs de Innovación Dixital da Xunta de Galicia, pretenden estender o impacto positivo da innovación baseado na transformación dixital a todas as empresas galegas, especialmente ás pemes. E, deste xeito, mellorar os procesos de xestión, dentro do plan de fomento da innovación e do enfoque estratéxico das pemes innovadoras.
DATAlife Hub de Innovación Digital, con sede en Santiago de Compostela, é un proxecto concibido para “converter Galicia en bio-rexión de referencia en Europa a través da conexión, coordinación e creación de sinerxías entre os axentes do ecosistema de innovación e os sectores produtivos”. DATAlife proponse facilitar a incorporación da intelixencia artificial e a analítica de datos nas pequenas e medianas empresas (pemes) galegas dos sectores ligados ás ciencias da vida. DATAlife está ao servizo das firmas galegas para “mellorar a súa competitividade, permitíndolles aproveitar as vantaxes das tecnoloxías dixitais para vender máis, optimizaren a súa conta de resultados, ser máis eficientes e competir con maiores garantías nunha contorna global”, engaden dende o hub.
Os socios de DATAlife son cinco clústeres: Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), Clúster da Acuicultura de Galicia (CETGA), Cluster da Madeira e do Deseño de Galicia (CMD), Clúster da Saúde de Galicia (CSG) e Clúster TIC Galicia; cinco empresas tractoras: Grupo Zendal, FINSA, Televés, Vodafone e Noso Capital; cinco centros tecnolóxicos: Energylab, Gradiant, ANFACO-CECOPESCA; Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) e o sistema universitario de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e FEUGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?