Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo o relativo á nova edición de FalaRedes, no Portal da Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo o relativo á nova edición de FalaRedes, no Portal da Lingua

S. P.
Publicado: 16/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

valentin_garcia_secretaria_politica_linguistica_20230316_falaredes1.jpgVolve o programa FaraRedes, reforzado nos seus obxectivos de achegar actividades de lecer en galego aos concellos galegos, unha axenda que abrangue os máis de 200 municipios e entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística. Así o anunciou na mañá deste 16 de marzo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da XII edición desta iniciativa, que abre a súa programación do 2023 coa peza Castelao, de Culturactiva Producións, escrita, dirixida e interpretada por mulleres. Novamente todo o relativo á axenda poderemos consultalo ao detalle no Portal da Lingua, impulsado pola Secretaría Xeral. Tamén podemos visualizar no mesmo site todo o relacionado coa peza Castelao.
García mostrou a súa satisfacción por abrir “o programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 cunha peza dedicada a Castelao cos obxectivos de fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX; potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais; promover o consumo de produtos culturais en galego do público familiar; proporcionar aos nenos e nenas unha experiencia de ocio positiva ligada á lingua e, en definitiva, contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural”.
Canda Valentín García tamén interviñeron na presentación, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque, as actrices Mónica Camaño e Cris Collazo, encargadas de dar vida ao propio Castelao e demais personaxes da peza.
Primeira obra sobre Castelao dirixida á cativada
20230316_falaredes3.jpg Segundo fixeron saber, Castelao é a primeira obra sobre o autor de Rianxo dirixida á nenez, en concreto a un público de seis a 10 anos e ás súas familias. Con texto de Paula Carballeira e dirección de Fina Calleja, a peza presenta un Castelao de oito anos feliz e aventureiro na súa vila natal.
“Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante na que a tensión dramática cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara Arxentina do escritor e a súa nai”, explicou o secretario xeral, engadindo que “para facer aínda máis atractiva a representación”, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecibles da obra de Castelao, cos que o elenco, a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo.
A obra estréase o vindeiro domingo 19 ás 12,00 h no Auditorio Constante Liste de Teo. Despois iniciará unha xira que a levará a visitar O Barco de Valdeorras (Auditorio Lauro Olmo) o 31 de marzo ás 19,30 h; Viveiro (Teatro Pastor Díaz) o 14 de abril ás 18,00 h; Boiro (Casa da Cultura Ramón Martínez López) o 15 de abril ás 19,00 h; Vilalba (Auditorio Carmen Estévez) o 16 de abril ás 18,00 h; Vilagarcía de Arousa (Auditorio Municipal) o 22 de abril ás 18,00h; O Porriño (Centro Cultural) o 28 de abril ás 17,00 h; Monforte de Lemos (Edificio Multiúsos) o 29 de abril ás 18,00 h e Porto do Son (Casa da Cultural de Portosín) o 30 de abril ás 19,30 h.
Como en cada actividade do FalaRedes, a entrada será de balde.
Ademais, ao longo do ano a Consellería de Cultura seguirá engrosando a oferta de actividades de ocio en lingua galega para distrubuír entre os distintos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
FalaRedes
FalaRedes é un programa de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística que se desenvolve en entidades locais pertencentes á rede. Os seus obxectivos son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, reforzar a oferta de actividades en galego dos concellos adscritos, promover o uso e valoración positiva da lingua propia de Galicia e apoiar os e as artistas que desenvolven o seu traballo nela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?