Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de sesenta empresas participaron na segunda edición do Foro APD sobre Tecnoloxía e Negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de sesenta empresas participaron na segunda edición do Foro APD sobre Tecnoloxía e Negocio

S. P.
Publicado: 17/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apd_foro_tech.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con Arsys celebraron na mañá deste xoves 16, en Santiago de Compostela, a segunda edición do Foro APD sobre Tecnoloxía e Negocio. Ao longo da xornada, na que participaron máis de sesenta empresas, achegáronse diferentes puntos de vista sobre as principais tendencias innovadoras do ano, poñendo o foco nas máis revolucionarias e potencialmente interesantes para as compañías. Tras a benvida por parte de Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD e Alejandro Vázquez, desenvolvedor de negocio de Arsys, e a inauguración de Julián Cerviño, director da axencia galega AMTEGA, comezaban as intervencións.
apd_foro_tech_1.jpg Xunto a José María De Santiago Garzón, socio de estratexia e transformación tecnolóxica en Deloitte, analizáronse as tendencias tecnolóxicas en 2023. Entre outras, destacáronse a IA (Intelixencia Artificial), o metaverso, a computación na nube e a cadea de bloques (blockchain), entre outras. Apuntou que “a capacidade que ten o metaverso para monetizar é xa un feito. É unha canle de venda máis. Diferentes estudos destacan que, en 2026, as persoas pasarán unha hora no metaverso”.
Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD moderou a primeira mesa da mañá xunto a Guillermo Arbelo, director xeral ACS en ARSYS e Cristobal Ramos, socio director de desenvolvemento de negocio da santiaguesa Plexus Tech, xunto a quen se analizou a visión máis estratéxica. Ambos os relatores incidiron en que “a brecha entre a formación e a empresa é moi grande. Existe unha necesidade de talento no mercado moi latente. O problema non é tanto que non exista tecnoloxía, senón que faltan profesionais para poñela en marcha”.
foro_tech_2.jpg Pola súa banda, Fernando Fuentes, director de desenvolvemento de produto de Arsys realizou unha intervención dedicada á computación na nube (cloud computing) e como compaxinar nube e datos: “Un espazo de datos é un ecosistema onde compartir e interpretar datos dentro dunha contorna de soberanía, confianza e seguridade. É clave para a economía do dato”.
Trala pausa-café celebráronse as dúas mesas de empresa da mañá. Na primeira delas, dedicada á aplicación da IA na empresa participaron Jorge González, CIO de Adolfo Domínguez, Agustín Rodríguez, CFO de GADISA, Gabriel Gómez, director xeral de Marine Instruments, e Sara Madariaga, responsable de innovación en Arsys. Todos eles destacaron a importancia do coñecemento sobre a IA, de maneira que se saiba cales son os seus beneficios e riscos para sacar o maior partido das tecnoloxías intelixentes.
A última mesa da mañá estivo dedicada á Industria 4.0 e á fábrica intelixente. Moderada por Luis Pérez, director xeneral do centro tecnolóxico galego Gradiant, nela coñecéronse os casos de Noemí Gil, directora TIC da empresa alimentaria CONGALSA (con sede na Pobra do Caramiñal) e Gregorio González, responsable de produto e innovación TIC na santiaguesa FINSA. Noemí Gil apuntaba que: “En CONGALSA iniciamos o proxecto CONGALSA 4.0 cuxo obxectivo é conseguir unha fábrica intelixente. Para iso comezamos con proxectos de automatización e apoiámonos en moi diversas tecnoloxías”. Pola súa banda, Gregorio González destacou tamén que “á hora de innovar, non todo vai funcionar. Se todo o que fas novo funciona, é que quizá non estás a innovar do todo”.
Con eles terminaba a sesión, onde se emprazou aos asistentes para acudir os días 7 e 8 de novembro ao 5.º Congreso Internacional de CIOs de APD, que se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?