Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone amplía a rede 5G ao 65% da poboación e 2.000 municipios (138 en Galicia)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone amplía a rede 5G ao 65% da poboación e 2.000 municipios (138 en Galicia)

S. P.
Publicado: 17/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_hero-dmp-cabecera-red-5g-movil.jpgVodafone anunciou que vai ampliar a rede 5G ao 65% da poboación, alcanzando un total de 2.000 municipios durante este ano. Para estes novos traballos a operadora seguirá empregando a frecuencia de 700MHz que, segundo indican fontes da empresa, “proporciona mellor cobertura especialmente en interiores de edificios e conta con gran dispoñibilidade de largura de banda e de transmisión de datos, o que supón unha enorme vantaxe en contornas rurais e pequenas localidades”. Así mesmo, continúa ampliando a súa cobertura 5G tamén coa frecuencia de 3700MHz.
Dos 1.000 novos municipios que a operadora prevé despregar con 5G este ano, 238 son municipios de menos de 1.000 habitantes, principalmente en zonas rurais.
No que respecta a Galicia, 138 municipios dispoñerán de 5G grazas a estas novas despregaduras de Vodafone. Entre eles, destacan os de menos de 40.000 habitantes como Vilagarcía de Arousa, Arteixo ou Ribeira, chegando mesmo a aqueles que non pasan os 5.000 como Mondariz, Fisterra ou Guitiriz.
Julia Velasco, directora de Rede de Vodafone España comentou: “Co propósito de continuar facilitando a inclusión dixital de empresas, cidadáns e administracións, a rede 5G de Vodafone alcanzará ao 65% da poboación total no noso país e 2.000 municipios situados en grandes e pequenas cidades, así como zonas rurais. O noso obxectivo é reducir a fenda dixital e proporcionar conectividade a todos, incluíndo aqueles que máis o necesitan.”
Así mesmo, engadiu: “Esta demostrado que un incremento da dixitalización dos servizos e da cadea de valor en España durante seis anos podería aumentar o PIB de España nun 4,38%, así como a produtividade nun 7,70%. A conectividade xera oportunidades e facilita que ninguén quede atrás”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?